Manifesto a favor da candidatura Iniciativa Internacionalista

Remitennos un manifesto asinado por varios profesores e xente da cultura e do deporte de Galicia no que defenden a candidatura ás eleccións europeas da plataforma Iniciativa Internacionalista, na que concurre como número seis o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín. Tamén engaden unha carta do Premio Nóbel da Paz, Adolfo Pérez Esquivel...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 18/05/2009 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Os e as abaixo asinantes, conscientes de que quen fixo da cultura e da comunicación o seu oficio ten a ineludible responsabilidade de denunciar os abusos dos poderes establecidos e as mentiras dos grandes medios, convidamos á cidadanía en xeral -e moi especialmente a escritores e escritoras, artistas, cineastas, actores e actrices, profesores e profesoras, xornalistas e demais persoas do ámbito mediáticocultural- a se pronunciar contra a última gran ofensiva do capitalismo neoliberal, que pretende salvagardar os ricos da gravísima crise que eles mesmos provocaron e facer pagar as súas consecuencias, máis unha vez, ás clases traballadoras e aos desposuídos.

No Estado español e paralelamente ao fracaso do suposto ¿estado do benestar?, asistimos nos derradeiros anos ao agravamento da represión e ao recorte das liberdades e os dereitos fundamentais, tanto individuais como colectivas, ao desmedido aumento da especulación e as agresións ao medio ambiente, a unha corrupción xeralizada, a un contínuo deterioro do público a prol da mercantilización e das privatizacións en campos tan básicos como a sanidade ou a educación, ao estancamento -cando non ao retroceso- das medidas contra a discriminación de xénero, á marxinación e a explotación desapiadada dos inmigrantes...

Consideramos, xa que logo, imprescindible e urxente xuntar forzas contra o capitalismo salvaxe e contra a conculcación do dereito a decidir das distintas nacionalidades, e iso en todos os terreos, dende o laboral e o cultural ata o especificamente político. En consecuencia, brindamos o noso apoio á candidatura ás próximas eleccións ao Parlamento Europeo denominada INICIATIVA INTERNACIONALISTA A SOLIDARIEDADE ENTRE OS POBOS; unha candidatura encabezada polo dramaturgo Alfonso Sastre, que inclúe, entre outros, a Xosé Luís Mendez Ferrín e na que converxen formacións políticas soberanistas e organizacións anticapitalistas de distintas zonas do Estado español, nunha primeira tentativa de confluencia política práctica, respectando a soberanía das partes, que ten arelas de futuro.

Ademáis, e diante da grave decisión do Goberno español, presionado pola dereita máis extrema e inquisitorial, de tentar calar a voz de milleiros de cidadáns e cidadás, impugnando esta candidatura, facemos un chamamento para que se denuncie con contundencia, tanto no marco estatal como a nivel internacional, a reiterada violación da liberdade de expresión e do dereito á acción política, rexeitando enérxicamente calquera medida que atente contra os dereitos inalienables da cidadanía e dos pobos a elixir os seus representantes.

Asinan:

Xosé Antón Laxe Mantiñán (Redes Escarlata)

Xosé Luis Santos Cabanas (escritor e traballador USC)

Anxo Angueira (escritor e profesor UVI)

Darío Xoán Cabana (escritor)

Carlos Velasco Souto (historiador e profesor UDC)

Dionísio Pereira (economista e historiador)

Lois Pérez Leira (sindicalista e historiador)

Emma Lázare (profesora e tradutora)

Xabier Cordal (ensaísta e profesor)

Patricia Janeiro (escritora)

Gonzalo Amoedo López (historiador e funcionario municipal)

Fernando Pereira González (ensaísta e bibliotecario)

Antón Dobao (director de cine e escritor)

Gustavo Luca de Tena (escritor e xornalista)

Elvira Riveiro Tobío (profesora e poeta)

Aitor Rivas (profesor)

Claudio Pato (poeta)

Gonzalo Hermo González (poeta)

Cibrán Santamaría Ríos (físico)

Fernando Vilaboa Martínez (editor)

Manoel González Cruces (músico e poeta)

Xoaquín Freixeiro Álvarez (mestre)

Xosé Chacón Benítez  (productor artístico)

Graciela Alba Burgos (diseñadora gráfica)

Juan Carlos Merlo (ex xogador do Deportivo de A Coruña)

Francisco Fernández Rei (catedrático USC e académico RAG)

Xosé Collazo Castro (profesor)

Xoán Carlos de Dios (pintor)

Francisco Pillado Mayor (editor)

Francisco Sampedro Ojeda (filósofo e catedrático de ensino medio)

Roberto Gil Moure (historiador e funcionario municipal)

Xerardo Moscoso Caamaño (director teatral, actor e antigo membro de "Voces Ceibes")

De maneira colectiva: Redes Escarlata.

************************************

Sr. Presidente del Estado Español

Don José Luís Rodríguez Zapatero

Reciba el fraterno saludo de Paz y Bien.

Me dirijo a Ud. a fin de solicitarle intervenir y evitar acciones antidemocráticas de cercenar el derecho del pueblo español a la información y libertad de expresión, de exponer sus ideas, incluso con aquellas que no compartimos.

Estamos frente a grandes desafíos y cambios cada vez más acelerados que vive la humanidad y cada uno de nuestros pueblos y necesitamos fortalecer las bases de diálogo y participación ciudadana.

Representantes del hacer cultural, educativo, social y político vienen reclamando el derecho a la participación presentando la candidatura encabezada por Alfonso Sastre, en las próximas elecciones al Parlamento Europeo, denominada -"Iniciativa Internacionalista- La Solidaridad entre los pueblos", nacida de la convergencia de diversas corrientes dentro del marco de la ley y la democracia.

La única forma de fortalecer y avanzar en consolidar el Estado de Derecho y las libertades públicas es la participación social, el diálogo y el derecho de cada ciudadano y ciudadana en la construcción de nuevos paradigmas que permitan construir caminos de libertad y Paz. Espero Señor Presidente que considere éste pedido. Le reitero el fraterno saludo deseándole mucha fuerza y esperanza.

Adolfo Pérez Esquivel

Premio Nóbel de la Paz

Buenos Aires, 14 de mayo del 2009

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

17 anónimo

cando non hai ningunha proba que os vincule con banda terrorista algunha nin tampouco coa esquerda abertzale????????????????
Home, certo que non dan os mitins con "pasamontañas", pero pouco menos

16 xose m

Dobre moral é o teu anónimo. Pideslle ao PP que disimule e non poña falanxistas na Xunta, esa é a tua obxeción, pero si das por bo que se lle impida a unha coalición concurrir a unhas eleccións cando non hai ningunha proba que os vincule con banda terrorista algunha nin tampouco coa esquerda abertzale, como recoñeceu o avogado do estado. Este individuo dixo que non tiñan ningunha proba, pero si unha serie de "indicios" que poderían facer chegar ao tribunal a unha convicción. Eses indicios son por exemplo que no seu día Alfonso Sastre foi nunha lista de ANV cando esta aínda non fora ilegalizada. Esto vulnera o artigo 25.1 da Constitución (ninguén pode ser condenado ou sancionado por accións ou omisións que non momento de producirse non constitúan delicto, falta ou infracción administrativa segundo a lexislación vixente naquel momento) tamén o 9.3 que prohibe a aplicación con efectos retroactivos das disposicións sancionadoras ou restrictivas de dereitos individuais. Esta decisión xudicial é unha aberración xurídica, ética e democrática e pon de manifesto a deriva antidemocrática que están iniciando os poderes do estado e os seus partidos máis representativos. E o resto dos partidos que se chaman de esquerdas deberían de dicir algo, porque o seu silencio os fai cómplices de tal atropelo e hoxe é II-SP, pero mañá lles pode tocar a eles.

15 Zutabe

Dado que é máis que seguro que non se consiga nada co recurso ante o Constitucional quixeramos saber se hai a idea de facer voto nulo empregando as papeletas de Iniciativa Internacionalista. De non haber papeleta ningunha, que de tódolos xeitos se pode facer e baixar de internet tendo unha de base, se non a hai por aquí igual votamos nulo poñendo na papeleta"BNG VENDE MASSÓ" en referenza ó conflito que temos arestora en Cangas.

14 amoscaesquerdosa

Non só política, senón xuridicamente esta doutrina da "contaminación" é unha auténtica barbaridade.
Se tal aplicación a fixeran con imparcial igualdade os nosos tribunais, habería que suspender tamén tamén ás candidaturas do PSOE, "contaminadas" polo terorismo do GAL (con condenas firmes de ministros e outros altos cargos), ou do PP (mesmo atá a corrupción).
Non hai nada peor para a xustiza que a arbitrariedade.
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com

13 anonimus

coitados sociolistos que teñen que dicir,tras catro anos de nulidade de un goberno dos seus o que ten que facer os demaís.....que o fixeran eles en vez de despotricar contra os demaís.