Ciudadanos busca candidato á Xunta entre “xornalistas coñecidos en faladoiros de actualidade”

Recoñecen que Galicia é a autonomía española onde teñen máis conflitos internos, e por iso cren que o mellor é propoñer un candidato independente que poida ser consensuado coa militancia.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/08/2016 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

O Comité Executivo de Ciudadanos está a sondear como posible candidato á Xunta de Galicia unha figura independente, unha cara coñecida que poida atraer o voto nas próximas eleccións autonómicas e que sería o candidato do aparato para unhas primarias a mediados de agosto.

Reunión da executiva de Ciudadanos en Madrid
Reunión da executiva de Ciudadanos en Madrid | Fonte: Europa Press.

A executiva de Ciudadanos pretende facer unha fichaxe que "poida dar pulo" a este partido en Galicia e xa falou con dúas persoas alleas a esta formación, "un home e unha muller, coñecidos polo seu labor xornalístico e en faladoiros de actualidade", segundo as fontes.

A DIRECCIÓN NACIONAL REÚNESE CON AFILIADOS GALEGOS

Co fin de falar cos afiliados e saber quen ten intención de presentarse ás primarias, o secretario de organización, Fran Fervías, viaxará a Galicia a próxima fin de semana acompañada por Vicente Castillo e por Manuel García Bofil, que ademais preside o consello xeral do partido.

Na Executiva recoñecen que Galicia é a autonomía española onde teñen máis conflitos internos, e por iso cren que o mellor é propoñer un candidato independente que poida ser consensuado coa militancia.

O proceso de primarias realizarase telematicamente na segunda semana de agosto, previsiblemente e nel elixirase tanto o candidato a presidir a Xunta como as persoas que ocuparán os primeiros postos das listas por A Coruña e Pontevedra.

Os que queiran participar nese proceso interno deberán recoller primeiro un número de avais equivalente ao 10% dos afiliados da circunscrición (en Galicia hai entre 800).

OBXECTIVO: CINCO OU SEIS ESCANOS

O obxectivo de Ciudadanos é entrar no Parlamento galego e, extrapolando os resultados das eleccións xerais de decembro e xuño, espera obter cinco ou seis esvanos en Galicia. Para conseguir os seus obxectivos, o partido "vaise envorcar" nestas autonómicas e vai ser a dirección estatal a que coordine a campañas electoral, que contará coa participación de Albert Rivera en sete actos, repartidos entre Galicia e o País Vasco, onde tamén haberá eleccións o 25 de setembro. Os gastos totoais vanse cubrir con 600.000 euros xa incluídos no presuposto anual da formación, 300.000 euros para cada un dos comicios.

Tanto en Euskadi coma en Galicia, os resultados de Ciudadanos estiveron por debaixo da media estatal, que o 20-D foi o 13,94% e o 26-J o 13,05%, e ademais experimentaron un descenso: do 4,09% en decembro ao 3,51% en xuño en Euskadi e do 9,07% ao 8,63% en Galicia, onde perdeu o seu escano por A Coruña.

Ademais, a dirección da formación laranxa é consciente de que pola súa idiosincrasia, estas comunidades son, xunto a Cataluña, os lugares onde máis complicado é seducir o electorado cunha mensaxe de centro.

Aínda que saben que en Galicia o PP é un rival con "bastante forza", esperan conseguir representación parlamentaria polas catro provincias. O que non se formulou aínda é cál será o papel de Ciudadanos no escenario postelectoral e os posibles pactos, que dependerán da aritmética.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Hermerico

Concordo. Robertito superfacha é o melhor

3 Blanco Valdés Forever

Estou dacordo Blanco Valdés é o candidato ideal para tan potente é democrática formación.

2 BLANCO VALDES

Blanco Valdes e un moi bo candidato. O mellor

1 Rausäum

Por suposto! Roberto, eh, non vaian vir estes barceloneses despistados e inscriban o irmán.

1 FRIJONARCO

Aqui non os comeis nada. Fragasaurio, o deixo todo atado e moi atado.