Luís Villares gaña apoios para liderar a marea nas eleccións galegas

O voceiro de Jueces para la Democracia recibe o respaldo explícito de Esquerda Unida e gabanzas dende ANOVA e os municipalistas.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 03/08/2016 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

Por exemplo, hoxe Esquerda Unida deulle un apoio inequívoco. A líder Yolanda Díaz declarou que o voceiro de Jueces para la Democracia en Galicia “vai ser o capitan dun barco no que esperamos que a singradura sexa positiva”.

Luís Villares
Luís Villares | Fonte: Red Arnela

A deputada argumenta que Villares “representa ao cambio”, ten un perfil “profesional” e unha traxectoria que esixe darlle as “grazas” se acepta finalmente concurrir ás primarias.

As palabras de apoio de Díaz son as máis nidias, pero ningún dos axentes que colaboran na confluencia cuestionou publicamente este nome, e leva meses sonando nos ruxe-ruxes sobre o cabeza de cartel.

Onte mesmo, Antón Sánchez, un dos voceiros de ANOVA, gababa o seu perfil. Iso si, o deputado sinalou que “está por ver” como se concretan as primarias. Nun sentido similar pronunciouse o alcalde de Santiago, tamén militante de ANOVA. Martiño Noriega destacou que o xuíz ten “moito prestixio” pero de seguido indicou que hai outras persoas que tamén o teñen. Dende as mareas locais, Xulio Ferreiro dixo que lle parecería “estupendo” que se presentase ás primarias, posibilidade que se mantivo no aire até hoxe, cando Podemos votou sumarse á confluencia. Segundo varios medios, Villares non se quería presentar se Podemos se presentaba só.

Agora está por ver se o nome de Villares suscita o apoio no partido morado. Os 6.000 sufraxios emitidos na votación podemita sobre a confluencia indican que o peso desta formación pode ser determinante nas primarias de En Marea. 

Biografía de Luís Villares

Villares é Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e xuíz de carreira dende 2005. Chegou a maxistrado do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional (2010-2011), titular no Tribunal Superior de xustiza do País Vasco (2011-2012), no Xulgado Contencioso administrativo de Lugo e na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Foi coordinador en Galicia da Asociación progresista Xuíces para a Democracia e é membro fundador da Irmandade Xurídica Galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

7 Tacholas

Aínda segue de xuíz despois do seu compromiso partidista con forzas españolistas? De ética e rexeneración política non parece saber moito. Ou é que se cre por riba da lei?

6 anonimo

Luis Villares, moi coñecido na sua casa, supoño... A estas alturas ser "progre" pouco aval representa. Na Irmandade xuridica hai xuices que cando exercen non se destacan como galegos, os que os aturamos sabemos diso, outra cousa son os rituais, as celebracions e as paparotas. Que opina o xuiz sobre a autodeterminacion, sobre discriminacion positiva do galego, sobre a UE e a crise do lacteo, carnico, pesca, naval..., sobre a desfeita demografica e ambiental, sobre decrecemento ou industrializacion... Nada se sabe! So a progresia, pero non chega... A min non me chega, estou farto de que me den gato por lebre! Uns mareantes vendense ao famoseo de España, outros bloqueados van ao suicidio, e os galegos uns votaran Partido Podre e outros anoxados pasaremos dos farsantes.

5 Hermerico

Carmeno Villares que nom Vilares. Mais um "galleguista" com apelido deturpado. Nom havia nada melhor ?

1 Lía

Canta mala baba...!!!

4 Susavila

Que diferença as Marés de Podemos de Ciudadanos? Entre escolher uma estrela da judicatura ou um tertuliano estrela para encabeçar a lista? Quem decide, as bases ou as cúpulas? Que era a nova política? Apresentar um salvador mediático para guía das ovelhas obedientes e bem dispostas? Precisamos um pastor?

3 Bufffff

Algún dato da súa biografía que vaia mais alá do profesional? Casado? Con home ou muller? Fai vida marital con home ou muller sen o vínculo matrimonial? Número de fillos? Relixiosidade? Aficionado ao fútbol? Toca o piano? Etc.