Un maremoto para Galicia

Dous acontecementos nesta semana, son un bo sinal para pensar que a Marea ou a alternativa electoral contra a dereita en Galiza, comece a dar os seus primeiro pasos, en boa dirección. Por unha banda a asemblea constituinte de Vigo, onde Xosé Manuel Beiras como era de esperar, foi a figura central da mesma, integrando a comisión xestora. Doutra banda o resultado das eleccións internas de Podemos Galicia, que por unha ampla marxe os inscriptos, apoiou a confluencia nunha alianza instrumental.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 04/08/2016

Comparte esta noticia

Os aplausos á intervención de Beiras, durante a constituiente, indicaron claramente que segue sendo o líder natural deste espazo e o único posible candidato de enfrontarse con éxito fronte a Rodríguez Feijoo. Coas eleccións xa convocadas sería un suicidio político intentar experimentar ou inventar o que xa está inventado. Só cabe de conceso acordar a candidatura a Presidente do líder da esquerda galega e como vicepresidenta, a outra pata necesaria deste acordo electoral, a líder de Podemos Carmen Santos.

Este edificio político está baseado nestas dúas columnas centrais Beiras e Podemos.
Estas son as dúas marcas que representan ás dúas grandes sensibilidades políticas: A esquerda nacional e a esquerda rupturista estatal. Doutra banda a decisión maioritaria das bases de Podemos de apoiar esta confluencia, foi un verdadeiro éxito de Carmen Santos, que puido pilotear con moita cintura política a situación interna. O cadros medios desta organización, uns días antes, opuxéronse á tese da súa secretaria xeral, nunha actitude carente de sentido, que demostra a falta de formación política dos seus cadros. Mentres que o sector “Critico Oficial”  aínda que estaban pola confluencia, carece de autoridade moral e representatividade ante as bases de Podemos, pola forma de como foron elixidos como deputados ou senadores.

Feijoo xa tomou a iniciativa fixando a data, e o proceso electoral xa está en marcha. Os residentes galegos no exterior están en término para solicitar o seu voto rogado e faltan poucos días para legalizar e presentar as candidaturas.

Soamente unha rápida actitude dos actores políticos deste proceso, intentando democratizar a confluencia, definindo un programa ilusionador e transformador en clave galega e a elección de candidatos representativos da nosa sociedade, poden xerar o maremoto de votos, que desprace para sempre ao caciquismos e á dereita rancia. Galiza necesita empezar un proceso constituinte, que defenda os seus dereitos nacionais e sociais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.