CSIF di que a Xunta adianta a devolución da extra dos funcionarios polas eleccións

O sindicato CSIF anuncia que a Xunta devolverá o que resta das pagas na nómina de agosto, malia que a previsión inicial era aboalas en setembro. O sindicato esixe má

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2016 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

O sindicato CSIF anunciou hoxe que a Xunta devolverá o que resta das pagas extraordinarias devengardas aos funcionarios en 2012 e 2013 na nómina de agosto, malia que a previsión inicial do Goberno galego era aboalas en setembro. Por iso, atribuíu o cambio de criterio ao "adianto" das eleccións autonómicas.

Concentración de funcionarios en San Caetano.
Concentración de funcionarios en San Caetano.

A través dun comunicado, o sindicato aplaude o adiantamento deste pagamento -que vincula ao "peso dos empregados públicos á hora de poñer e quitar gobernos"-, pero advertiu de que esta medida "non é suficiente". "Quedan por recuperar moitos dereitos laborais e acordos retributivos suspendidos pola Xunta", recordou.

Así, tras facer fincapé en que os funcionarios xa mostraron "con creces" a súa "capacidade de sacrificio e solidariedade nos tempos difíciles", CSIF incidiu en que estes traballadores mostrarán agora de igual modo a súa "capacidade de esixir" o que lles "corresponde por dereito propio".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta