Temas: LEITE

Galicia segue como a autonomía na que menos se paga a gandeiros polo leite

O prezo baixou en xuño un 1,47% respecto a maio, ata situarse en 26,9 céntimos, 1,9 céntimos por debaixo da media estatal

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2016 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

O prezo do leite que se paga a gandeiros en Galicia baixou en xuño un 1,47% respecto a maio ata situarse en 26,9 céntimos, segundo os datos do Ministerio de Agricultura. Así, Galicia segue como a comunidade onde menos se paga a gandeiros polo seu leite, 1,9 céntimos por debaixo da media estatal, que se sitúa en 28,8 céntimos. Así mesmo, está lonxe dos 34 céntimos de País Vasco.

Descarga de leite branca dun camión de DIA
Descarga de leite branca dun camión de DIA | Fonte: Campogalego.com

Deste modo, o prezo do leite en Galicia sitúase nun prezo inferior en 1,4 céntimos ao que tiña a comunidade no mes de setembro, cando se asinou o acordo lácteo en Madrid. En aquel entón eran 28,3 céntimos o litro, agora 26,9.

Pola súa banda, os gandeiros que realizan entregas de leite en Galicia seguen descendendo en febreiro e quedan en 8.806, 50 menos que os 8.856 de maio. Todo iso, tras unha perda de máis de 500 granxas ao longo de 2015.

A produción de leite en febreiro tamén caeu en Galicia en xuño, ata 220.813,5 toneladas, fronte ás 231.118,8 toneladas producidas en maio.

Manifestación dos gandeiros do leite polas rúas de Santiago
Manifestación dos gandeiros do leite polas rúas de Santiago | Fonte: campogalego.com
Temas: LEITE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta