Temas: LUMES INCENDIOS

A vaga de lumes chega a Galicia

No comezo deta semana xa son máis de 600 as hectáreas queimadas. Os lumes afectan, sobre todo, a Caldas e Cotobade, onde arderon xa máis de 400 hectáreas. Outro incendio en Ribeira afectou ao Parque Natural de Corrubedo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2016 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

A temida vaga de lumes chegou xa a Galicia. Durante este luns varios incendios estiveron activos en distintos concellos galegos, os máis perigosos, os de Caldas de Reis e Cotobade, en Pontevedra, que supuxeron o desaloxo de decenas de veciños.

Incendio en Cotobade
Incendio en Cotobade | Fonte: EP

No que vai de semana xa levan ardidas máis de 600 hectáreas e a situación pode empeorar. Só nos lumes de Caldas e Cotobade xa se queimaron 400 hectáreas. Segundo a información actualizada este martes pola Consellería do Medio Rural, no caso do incendio activo en Caldas segue decretada como medida preventiva a 'situación 2' pola proximidade do lume ao lugar de Castro de Agudín.

Este lume comezou ás 15,51 horas do luns na parroquia de Saiar, en Caldas, e o incendio permanece activo polo momento, segundo concretou Medio Rural, que eleva a 200 as hectáreas queimadas.

Para os labores de control foron mobilizados tres técnicos, nove axentes, 23 brigadas, 11 motobombas, dúas pas, un tractor, 10 helicópteros e dous avións.

Cotobade

Tamén permanece decretada a 'situación 2' no incendio forestal que permanece activo na parroquia de Tenorio, en Cotobade, debido á proximidade do lume ao lugar de Vilanova.

Este incendio comezou ás 17,20 horas do luns e permanece activo. As primeiras estimacións provisionais elevan a superficie afectada a unhas 200 hectáreas.

No seu control levan traballado 14 axentes, 21 brigadas, nove motobombas, seis pas e 12 helicópteros. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Controlado

Pola súa banda, permanece controlado dende as 14,05 horas do luns o incendio rexistrado na parroquia de Carreira, no municipio coruñés de Ribeira, que afecta a unhas 70 hectáreas, 26 de elas dentro do Parque Natural das Dunas de Corrubedo.

Este incendio comezou ás 00,30 horas do luns e na súa extinción traballaron un técnico, 14 axentes, 27 brigadas, 22 motobombas, catro pas, tres helicópteros e dous avións.

Temas: LUMES INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 canuto o brebe (rei)

CATRO TOXIÑOS.... esaxerados... arderon 700 hectareas no que vai de temporada quente dos lumes o ano pasado pasaban xa das 3.000 hectareas, nun contexto este ano moito pior pola seca..., eu non son amigo do toxal e do xestal non ven que proliferan, algunha solución teran que darlle desde a untada de malicia e medio-medio ambiente, algo teran que facer, algo barato, non todo pode ser tirar alimañas lobunas en camionetas polo monte, non pode ser impedir o progreso nos rios, sin represas expaña non teria electriciade en madriles nin waldo das jons podria emitir en radio-televisión vallecana (monedeuros de venezuelas) ... lamentable falta de patriotismo expañol e o que vexo... POR QUE NON VAN APRENDENDO A ADAPTARSE COMO FAN XA AS MERDEYHAS???