Pontevedra critica que Podemos rexeite os touros mentres "apoia" noutras autonomías

O goberno do BNG insiste en defender o convenio municipal coa empresa xestora da Praza de Touros porque di é rendible para a cidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/08/2016 | Actualizada ás 23:03

Comparte esta noticia

A concelleira de Festas do concello de Pontevedra, Carme da Silva, instou a Podemos -- integrado en Marea Pontevedra-- a "ser antitaurinos en todas as partes" porque á vez que reclama a anulación do convenio municipal coa praza de touros, "despois apoia as corridas de touros en Extremadura, Andalucía e Castilla-La Mancha".

Carme da Silva, concelleira en Pontevedra
Carme da Silva, concelleira en Pontevedra | Fonte: pontevedraviva.com

Tras a manifestación que o pasado sábado percorreu as rúas do centro da cidade, organizada polo colectivo Touradas Fóra de Pontevedra, co lema 'Nin convenio, nin touradas', Carme da Silva insistiu que se trata dun "contrato de arrendamento dun edificio que é claramente rendible para as actividades que desenvolve" o concello, principalmente o Torneo Medieval con motivo da Feira Franca.

Carme da Silva felicitou ao público asistente á mobilización e asegurou que "sería a persoa máis feliz se deixase de haber corridas de touros en Pontevedra", argumentando que "non achegan nada" ás Festas da Peregrina "e o único que achegan é un problema".

Así, recordou que o BNG é "antitaurino" e que o goberno local de Pontevedra "nunca apoiou nin apoiará" as corridas de touros", ademais de animar a "todos os antitaurinos" a instar ás administracións competentes --o Goberno central e a Xunta-- a suprimir esa actividade.

Da Silva insistiu en que existen "mecanismos" de "presión" dirixidos ao Congreso "para que se eliminen as corridas de touros no estado", e instou a que se utilicen porque así "se resolvería radicalmente o problema".

PENAS

Por outra banda, en relación ás xornadas de peñas que, con motivo da feira taurina, se reúnen en Pontevedra, Carme da Silva destacou a ausencia de incidentes reseñables durante esta pasada fin de semana, coincidindo co inicio das Festas da Peregrina. "A xente, cando ten ganas de pasalo ben, faino de forma amable e respectando aos demais", asegurou.

Non obstante, cualificou de "inevitable" a acumulación de residuos propia das "aglomeracións humanas" e que se saldou coa recollida de 23 toneladas de residuos entre o domingo e o luns; un volume que tamén inclúe os desperdicios que xera o sector hostaleiro, recordou a edil nacionalista.

Ademais, Carme da Silva resaltou que dos 1.100 controis de alcoholemia realizados pola Policía Local de Pontevedra entre o venres, sábado e domingo pasados, só se contabilizaron catro positivos. A concelleira de Festas felicitou a cidadanía "pola súa responsabilidade e comportamento".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

5 Gamela

Estamos en plena campaña electoral e todos os problemas veñen porque Podemos non é exclusivamente un partido galego 100% (aínda que os muñidores da integración en En Marea ises deben ser todos galegos!) // Cando na manifa aparece o cartaz : "lástima de bois" me pregunto se algún traballa aínda con bois ou xa teñen todos un tractor ? Os tempos son demasiado confusos, a min gustaríame ver toda esta xente manifestarse contra o maltrato "animal" na guerra de Siria que leva 5 anos asesinando nenos, mulleres e poboación civil sen piedade nin respectar os mínimos acordos internacionais que protexen á poboación civil en tempos de guerra! Pero semella que os "animalistas" teñen outras sensibilidades e outras preferencias...! Lástima de bois!!! https://youtu.be/nEGN1NJfOpg

1 Hermerico

Contra a guerra, contra o lume, contra a chuva, contra o vento. Assim, sem mais, para nom amolar ninguém, protestos para todos os públicos. Nom, contra as touradas em Ponte Vedra. Nem Junta nem estado nem Podemos, único responsável o BNG

4 Da Silva Solinha

As incoerencias de Podemos son de vergoña, certo, pero é o problema de Podemos de Extremadura, Castela... O convenio do Concello de Pontevedra cos promotores da barbarie é responsabilidade do BNG, hai que roelo! Que podemos esperar de Da Silva, política profesional, defensora da casta e dos cargos vitalicios? Hai que ter cara para falar de fallos en terceiros cando o problema es ti!

3 Alberte

O problema, compañeira, non é o que pense ou faga Podemos. O problema é que eu e moita máis xente, estamos en contra das touradas e do convenio do Concello de Pontevedra. E son nacionalista e, polo tanto Podemos "me la suda". Antes da aparición da seita xa había manifestacións antitouradas en Pontevedra e en contra do convenio. Seguide así, ata a exitinción.

2 Marcelino del Val

Me encanta el BNG, lo voy a votar. La fiesta nacional defendida en Pontevedra, sí señor!!! y el alcalde de la Coruña atacándola. Las tradiciones comunes centenarias son para conservar. Me ha sorprendido gratamente el BNG.

1 Balbino

Jajajajaja moi bo este comentario, merece 5 estrelas.

1 Gamela

E non terá nada que dicirlle a Paco Rodríguez líder incorrupto da UPG ? https://youtu.be/v2J3YJZu6Z0