Temas: EN MAREA

As alianzas nas primarias de En Marea

Un total de 25 listas presentáronse nas catro provincias galegas con distintas alianzas. Anova aliouse con outras listas de corte nacionalista e Podemos concorreu dividida. Tamén hai candidaturas impulsadas por movementos municipalistas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/08/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Un total de 25 listas competiron dentro do proceso de primarias de En Marea para facerse cos postos das distintas listas provinciais, logo da inclusión a última hora de Podemos neste proceso. Deste xeito, ás 17 candidaturas que xa había, sumaronse oito máis, unha por cada provincia das dúas listas que se teñen presentado desde o ámbito da formación de Pablo Iglesias, unha oficial e outra crítica.

Asistentes a Asemblea de En Marea do 15 de maio
Asistentes a Asemblea de En Marea do 15 de maio | Fonte: En Marea

O proceso de primarias remata este xoves, unha vez aberto o prazo extraordinario para presentar candidaturas aos integrantes de Podemos que finalizou este luns. A provincia con máis listas será Pontevedra, con nove, sete terá A Coruña, cinco Lugo e cinco Ourense.

Agás o número un da lista por Lugo, reservada para o candidato de En Marea á Xunta, Luís Villares, o resto de postos están abertos. E neste conxunto de listas houbo moitas alianzas estratéxicas. Así, atópanse nomes que pertencen a diferentes partidos e axentes sociais, como Anova, Esquerda Unida, Cerna, Podemos, Os Verdes, Espazo, sindicatos e membros das mareas municipalistas, entre outros.

Neste proceso Anova aliouse con outras formacións de corte nacionalista, como ex militantes de Compromiso, integrantes do Foro Galego, de Cerna ou candidaturas municipalistas de ex dirixentes do BNG. Así acontece nas catro provincias galegas.

Pola súa banda, Esquerda Unida tamén xogou as súas bazas nestes comicios internos. Nas catro provincias vai aliado con ex dirixentes sindicais e con algunha marea municipalista.

Ademais, houbo listas impulsadas por mareas municipalistas. É o caso da Marea Atlántica da Coruña, ou de Lugonovo. Tamén se deu a circunstancia de que en, determinadas provincias, os problemas internos en distintas organizacións teñen provocado que haxa máis dunha lista.

Diferencias

Así aconteceu en Pontevedra ou en Ourense. Na primeira provincia, EU e Anova acuden divididos, igual que Equo-Espazo e Os Verdes. Así, parte de Anova participou en 'Tendendo Pontes' na que están os membros de Cerna --grupo escindido de Anova-- e está liderada por Chelo Martínez, deputada de AGE ao comezo da lexislatura.

Pola súa banda, outros militantes da FPG, con Mariano Abalo á cabeza, participaron de 'En movemento por Pontevedra', unha candidatura na que tamén está outra das voces críticas coa dirección de Podemos Galicia, a viguesa Celtia Travesas ou Manuel González Moreira, membro de CIG Saúde e que foi na lista do BNG de Vigo nas últimas eleccións municipais.

O mesmo acontece en EU, onde deputados na última lexislatura de AGE e militantes de Esquerda Unida, como Eva Solla e Juan Manuel Fajardo, lideraron 'Marea do Pobo'. Pola súa banda, o tamén militante de EU e exsecretario comarcal de CC.OO. en Arousa, Ramón Bo, é o número uno por 'Marea pola clase traballadora'

En Ourense, boa parte de Anova estivo na candidatura 'Somos Quen', liderada polo alcalde de Manzaneda, David Rodríguez, na que tamén figura o exmembro de BNG e Compromiso por Galicia Xosé Manuel Pérez Bouza, e membros do Foro Galego. Pola contra, a FPG impulsou 'Marea das Terras de Ourense', coa militante de Anova Rita González á fronte.

A inclusión de Podemos no proceso a última hora provocou que se presentaran dúas listas que tamén compiten entre elas. Son a oficialista de Contigo Podemos na que participa Carmen Santos, e a crítica de En Confluencia Podemos, dos deputados no Congreso Ánxela Rodrígues E Toné Gómez-Reino.

Críticas

Nos últimos días aumentaron as críticas polo acordo final sobre o voto telemático ao que se chegou con Podemos. De feito, nos últimos días foron máis de 2.000 os novos electores que se inscribiron para a votación. Segundo fontes consultadas, este sistema podería dar lugar a fraude e "vai en contra do acordado na asemblea de En Marea". Así, lembran que na asemblea de En Marea acordouse o voto presencial e só, excepcionalmente, o voto telemático.

A Coordinadora asegura que, para garantir a seguridade, o reconto foi supervisado polo Comité Electoral, e incluíu a realización dunha auditoría, con diversos controis (por poboación, concorrencia de IPs, anonimizadores, etc). Tamén haboubo presenza de interventores durante o proceso e un chequeo exhaustivo mediante chamadas aleatorias realizadas por estes interventores.

Temas: EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

8 OArquiveiro

Eu sigo sen ver claro o de En Marea, vale que xuntos podan facer forza en contra de Feijoo, pero logo paréceme difícil manter unha clara liña de acción con tantas voces independentes tirando polo seu lado. Sei que agora a "moda" e a radicalidade democrática e disimular as siglas e cores dos partidos, pero aun non o vexo...

7 LKI

O nivel de intrascendencia do BeNeGá é directamente proporcional á cantidade de actividade dos seus trols.

1 Trolaplancha

Home! e iso se aplica só ó BNG, ou se pode aplicar tamén ós PPsoe e os seus trolls disfrazados que pululan por aquí?

6 Desembarco Echenique

Atención á operación Echenique, desembarco de centos de votantes de Podemos de todo o estado.

5 caganet de coruña

vou tirar da cada do water!!!!

4 Galego

Eu xa votei. Como galego apostei polos candidatos do pais, de anova, foro galego e nacinalistas. Outra cousa son as eleccions, se no suposto, que os candidatos nacionalistas non encabecen as listas de en marea, o meu voto queda na casa ou vai para o bng. Acaso alguen pensa nun galego 100x100 votando xente coma buitron ou de iu.??

1 comunista independentista

Galego 100x100? Tí quen és? A reencarnación do n-a-z-i Vicente Risco?

2 Homehome

Galego 100x100? parese mentira, os galegos sómosche máis de 4x4.