A Xunta e o municipio de Meaño (Pontevedra) colaborarán para construír un novo comedor no CEIP Coirón-Dena

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a alcaldesa de Meaño (Pontevedra), asinaron un acordo para planificar a construción dun novo espazo no CEIP Coirón-Dena no que se situará o comedor escolar.

PONTEVEDRA | 18/08/2016 | Actualizada ás 11:59 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a alcaldesa de Meaño (Pontevedra), asinaron un acordo para planificar a construción dun novo espazo no CEIP Coirón-Dena no que se situará o comedor escolar.

Deste modo, aspírase a mellorar as instalacións actuais dedicadas a este servizo no centro, segundo sinalou a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nun comunicado.

O delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o xefe territorial da Consellería nesta provincia, César Pérez Ares, tamén estiveron presentes durante a sinatura do documento.

En concreto, o obxectivo desta acción é comezar os traballos o próximo ano para que as instalacións do novo comedor escolar poidan empezar a utilizarse no curso 2017/2018.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta