As mareas listas para rematar coa "monarquía baltárica"

A confluencia escenifica a súa foto de familia entre chamamentos a unidade e co aval dun Beiras disposto a deixarse a pel na campaña.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/08/2016 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

En Marea fixo visíbel hoxe a conclusión do seu longo e turbulento proceso de confluencia e primarias. Coma cando hai un parto difícil, todo o mundo semella satisfeito coa nova criatura e esquece as complicacións.

Presentacioń dos candidatos de En Marea
Presentacioń dos candidatos de En Marea

O protagonista hoxe foi Luís Villares, ratificado como candidato co apoio de máis 86 por cento das persoas que votaron.  Este domingo fixo un alegato a prol da diversidade ideolóxica na confluencia. "Estes homes e mulleres representan a pluralidade, o multiculor e fan ruído, porque o que non fan ruído é a monarquía baltárica", presumiu.

O cabeza de cartel centrou nos conservadores a maioría dos seus ataques, especialmente contra o presidente. "Feijóo non vai seguir no Parlamento galego tras o 25 de setembro. Xa dixo que non ía seguir se non gobernaba e nós mandarémolo a Madrid, mandáremolo á Corte aínda que alí non o queiran", preveu.

Como era de agardar, no ámbeto interno Villares tentou pasar páxina tras as leas destas semana. "Unha palabra vale máis que mil imáxenes e hoxe a palabra é unidade", indicou. Na súa opinión, En Marea representa xa a maioría social polo que pronto se convertirá na maioría política.

O maxistrado en excedencia estivo acompañado por Antón Sánchez, de Anova, como número un pola Coruña, Carmen Santos, de Podemos, por Pontevedra, e Ánxeles Cuña, directora de Sarabela Teatro e ligada a EU, por Ourense.

Tamén acudiron outros persoeiros da confluencia, como Martiño Noriega ou Alexandra Fernández. Moitos dos focos foron para Xosé Manuel Beiras. O veterano líder de ANOVA dixo que malia non ser candidato vai deixar a pel na campaña. 

Pola súa banda a secretaria xeral de Podemos en Galicia e cabeza de lista de En Marea por Pontevedra, Carmen Santos, dixo que nunca dubidara que ao final formaría unha marea multiculor. Santos cre que tras o proceso de primarias aberto neste partido instrumental prodúcese "un punto de inflexión" para "alcanzar un resultado espectacular nos comicios galegos" e "botar aos corruptos".

O cabeza de lista pola Coruña, Antón Sánchez, fixou que "todo depende" de En Marea, pois o balance do goberno de Núñez Feijóo deixou "a destrución o emprego do sector agroforestal", o peche das caixas e "a emigración da xente nova". Así, denunciou que hai que "deixar o ruído" e "falar de futuro" para deixar que "a maioría social" mande.

Por Ourense, Ánxeles Cuña, presentouse como "unha recentemente chegada", á vez que celebrou o cumprimento dun dos principios fundamentais da formación: a participación. "Por encima das persoas está o que nos aglutina, o chamamento á confluencia, á xenerosidade", hase enorgullecido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

6 pufo

menuda foto, solo falta el !arriba españaaaa"

5 Chamamentos á unidade

Cando son un polvorín. Pero son mostra de tolerancia relixiosa por Pontevedra encabeza a ex Testigo de Jehová e por Lugo o amigo dos alcaldes-guía que demostrou que non é sectario ao votar unha candidata do OPUS cando estaba na facultade. Asi se fai.

4 Anxeles Cuñado Recenchegado

"Por enciama das persoas, está o que nos aglutina, o chamamento a comenencia xenerosa"

3 A serpe muda a pel en campaña

que hace una chica como tu en un sitio com este? estudas?...traballas?...ou andas nas confluencias?

1 eusi

Pues te estoi pensando meterme nel Bnjajaja que te es un clube de la comedia moi ajeitado para pasar el rato con unas gargalladas, sobre todo las que dan perder votos i más votos, pensando que somos los únecos limpios i puros geneticamente

2 rastafari do vieiras

FARSANTES, TRAIDORES... non buscan empoderar o pobo sinon apoderarse do pobo, muitos son transfugas como o exsenador traidor bouzos o sinvergonza que intentou dar un golpe de mao en coalición por galicia, outros son pura merdeyha que pasaron por todo tipo de partidos (INCLUSO FALANXE DAS JONS DE LUGO), outros expañolentos de podreiros puros oportunistas e todo dirixidos por un XUIZ DO CONSTITUCIONAL, eu limpo o cu coa constitucion da merdeyha expañolenta e miserable... que ninguen pense de ningunha solución con esta tropa de canaias, miserabels e mortos de fame... buscan titulares faciles estes apatridas estes renunciadores a Galiza,