Cal é o partido máis pequeno con opcións reais de determinar o goberno de Galicia?

As candidaturas que teñen posibilidades de entrar no Parlamento de Galicia son, segundo as enquisas, cinco: Partido Popular, PSdeG-PSOE, En Marea, BNG e Ciudadanos. Con todo, outras 15 listas deron un paso ao fronte. O Diario Oficial de Galicia publicou onte a relación de todos os candidatos. Presentamos aos que animaron a desafiar os prognósticos e as posibilidades reais de cada un.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 25/08/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Democracia Ourensana é quen parte con máis opcións entre os partidos pequenos, polo menos en teoría. Os populistas que lidera Gonzalo Jácome sacaron case 15.000 votos. Viñan sobre todo na cidade de Ourense, pero tamén doutros dous  concellos veciños, O Pereiro de Aguiar e Barbadás. Na primavera de 2015 estes independentes lograron o 7,82% dos votos na provincia. Moi por riba do  mínimo fixado na lei electoral para o Parlamento de Galicia, que é do 5% por provincia. Ademais, daquela só se presentaban en tres concellos e agora poderanos votar toda a provincia. 

Xoán Bascuas, no acto de Compromiso por Galicia do 25 de xullo
Xoán Bascuas, no acto de Compromiso por Galicia do 25 de xullo | Fonte: CxG.

Ao seu favor xoga tamén que non sufriron desgaste algún, pois non gobernan en ningures e pasaron de competir nas xerais. Fieis ao peculiar estilo Jácome, seguen a ser un ariete opositor aló onde participan, tanto nos municipios como na oposición. 

Na súa contra xoga que o cartel non é Jácome -famoso en todo Ourense polas súas diatribas en Auria TV-, senón unha persoa moito menos coñecida. Trátase de José Miguel Caride, que se define así mesmo como "polifacético ourensano de 51 anos, avogado, músico, asesor político e xurídico de D.O., e  actualmente inmerso tamén como produtor da película-musical Rebel”. De repetir o volume de votos das locais, case seguro logran un deputado. E se conseguen un representante, a cor do goberno pode depender deles.

Votación clave para Compromiso por Galicia

Estas eleccións resultan clave para o partido galeguista tras un período complicado. Moitos dos seus membros proveñen do BNG, ao igual que parte da militancia de ANOVA e as mareas. Algúns dos que foron os seus principais referentes (como por exemplo o ex-senador Pérez Bouza) pasaron este ano a apoiar as confluencias cidadáns de En Marea. 

Unha das campañas electorais realizadas por militantes do Pacma
Unha das campañas electorais realizadas por militantes do Pacma | Fonte: pacma.es

Estas marchas son produto dun debate interno no que a militancia votou en varias ocasións presentarse en solitario fronte aos chamamentos dalgúns dirixentes a coaligarse coas mareas ou co Bloque. Así as cousas, estas eleccións permitirán avaliar se Compromiso ten opcións reais de ser un actor influínte na política galega máis alá de certos concellos (goberna por exemplo en Lalín e ten concelleiros noutra ducia de municipios,sumando 41 edís en total). 

Os galeguistas téñeno complicado en teoría para entrar no Pazo do Hórreo. Nas eleccións locais de 2015 -que suponse eran máis favorábeis para eles ca as autonómicas deste setembro- sacaron case 18.000 votos en todo o país. Isto é a penas o 1,2%, lonxe da barreira do 5%. Os seus cabezas de cartel son o líder autonómico Xoan Carlos Báscuas pola Coruña, Juan Carlos Piñeiro por Lugo, José Mosquera por Ourense e Andrés Nuñez Rajoy en Pontevedra.

Os animalistas liderados por mulleres

Outras que abofé recollerán miles de votos son as do Partido Animalista. Nas xerais de hai dous meses apañaron máis de 16.000 sufraxios, o 1,07% do total. Beneficiáronse dos descontentos con outras opcións, pois aumentaron 3.000 dende as xerais de decembro de 2015. As súas cabezas de cartel son todas mulleres. María Luisa de Ceano-Vivas Hernández pola Coruña, Noelia Pena Ramos en Lugo, Paula Rodríguez Méndez en Ourense e Sheila García Núñez en Pontevedra. 

Os máis pequenos entre os máis pequenos

Os liberais de Converxencia Vinteún -que se presentan por todas as provincias menos Ourense-, Escanos en Branco -que só se presenta en Pontevedra e que nas pasadas autonómicas recollera case 17.000 sufraixos, o 1,2% do total-, e a agrupación de electores Recortes Cero-Grupo Verde -na que participa a veterana Unificación Comunista de España- son outras papeletas que soarán de pasadas eleccións aos cidadáns que vaian a votar o 25 de setembro.  

Ganemos Galicia, Comunistas da Galiza, Unidos por el Futuro, Cidadáns-Centrum (no que participan membros de Ciudadanos que marcharon do partido laranxa tras a polémica do candidato á Xunta),  Partido Libertario, o novo partido Vía Nova Galicia, Acción Democrática Ciudadanos de Galicia, Alternativa Independiente de Galicia e Partido Anticorrupción y Justicia completan a lista de opcións para o 25S.

Miguel Caride, de Democracia Ourensana, nunha imaxe do seu Linkedin
Miguel Caride, de Democracia Ourensana, nunha imaxe do seu Linkedin
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 47 comentarios

8 Galahaz

Pero de verdade aínda queda alguén que dubide da nova maioría absoluta de Feijóo? A ostia das Mareas/Podemos e do BNG vai ser histórica. A ver se polo menos desta vai a definitiva e o nacionalismo e o galeguismo son quen de rexenerarse tras as eleccións, deixando atrás liortas cainitas e son quen de crear instrumentos útiles e dotarse de referentes sólidos para dar a batalla nas urnas en 2020. Agardemos que, para aquel entón, non deixen os deberes para o final e que este -necesario- proceso se inicie canto antes.

1 Faspalastras

Flipo contigo tio. Para chegar a donde ti dis haberá que pegarse ostias polo camiño, digo eu, ou ti pensas chegar e encher? O proceso xa está iniciado o que pasa que non é perfecto coma ti.

2 Inocencio despertou

"o proceso", para que non aguanto coa risa... o de quitate ti para colocarme eu, o do dedo, o do candidato escollido que encabeza a lista na provincia onde o mais votado das primarias vai de terceiro (e non sae deputado), o do constitucionalista, o da candidata humillada pola deputada Pam, o do falanxista...., ou falamos da candidata do aparato, a que nunca traballou fora da politica profesional..., e tamen precisades ao virachaquetas, malia que non conte coa ala dereita e caballeresca da novela... Non sei, pero parece que tes amplas tragadeiras para seguir no sistema, unha man de pintura e reforma feita ainda que os cimentos esten podres. Non, os teus non se van pegar, van conquistar un poder light para asentar as pousadeiras.

7 comunista independentista

O Bloque teno moi difícil para chegar ao 5% mínimo e conseguir representación. Pero tranquis, que xa se encargan La Voz, Faro, Región, El Correo, Sermos, Progreso... de enmerdar a En Marea e louvar o Bloque para que iso non suceda. Feijóo loves BNG.

1 CEIVE

Bua jajajajjajajajjaja, vai preparando o ano para que che den os teus amigos da Falange.

2 Comunista

A homofobia heteronormativa tan habitual no BnG manifestada por medio dos seus trolls a soldo. Un clásico de todas as (pre)campañas

3 Comunista del BCE

Mira que enmerdar a AGE e a MArea que malos nin que tiversen asesores pedófilos, ex falanxistas ex testigos de Heová ou xente que menosprecia os discapacitados. http://www.lavozdegalicia.es/notici...

4 comunista independentista

O que mellor confirma a entente entre o Bloque e o panfleto La Voz de Galicia son os trolls do primeiro poñendo todo o día ligazóns do segundo. O can bloqueiro fiel ao amo Santi de Sabón.

6 CEIVE

O que queda claro é que os Mareados prefiren que desapareza o nacionalismo galego de todas partes que quitar a calaña de Feijoo do poder, tranquilos que lamentablemente o máis probable é que queden contentos. Por certo é de risa ver como algúns comentan e minten sobre o apoio de la Coz e o Falo de Vigo o Bloque, creo que calquera cambiaría a repercusión mediática do BNG pola do PP, PSOE ou Marea-Podemos.

1 Kinocho

Que razón teis CEIVE , o BNG os medios de comunicación sempre lle quixerón muitisimo ... estan mais o servizo do españolismo do PepePuto e do FODOE pero agora tamen xa o servizo dos Mareados.

2 Comunista

Naaadaaa. Se iso de que Paco Zarzuelas e Rottenmeier García Negro entren en nómina de La Voz de Galicia e VTelevisión é un detalle sen importancia. E as odas laudatorias de Caneiro e Blanco-Valdés a Ana Poltrona, outro detalle insignificante. Pura coincidencia todo.

3 viaje@itaca

Os mareados preferen que desaparezca o bloque, os do bloque preferen que desaparezan os mareados, os de EU que desaparezcan ambos, o PSOE idem do lenzo. Todos iguales, Vida de Brian.

5 Sariña de Oia

Pois eu, coma moitos coñecidos meus, seguiremos votando ó PACMA. Pouquiño a pouco, elección tras elección, conseguiremos ter representación...

4 Uxía Nogueiras

Non fastidieis. En Lalín, non goberna CXG, goberna un bufón que se presentou por CXL e que leva un ano dándonos diversión da boa coas súas campañas ficticias de recollida de firmas contra concelleiras da oposición, arroutadas varias, e por último, de momento, o abandono dun dos seus secuaces, que dixo do alcalde: tampouco eu vou dicir nunca que un compañeiro é un imb., soberbio, fillo de papá, acomodado, prepotente e absolutamente inestable animicamente. http://www.lavozdegalicia.es/notici...

1 Xan Bordallás

Só entras neste xornal e outros para falar mal de Cuiña; acaso es unha ex-noiva súa rechazada ou algo, Uxía?

2 U. Nogueiras

Ex noiva? a-ha, a-ha. Tes unha idea moi machista da política. Crees que todas as mulleres teñen que estar aos teus pés e cando che critican con razón saéche o facherío que levas dentro.