Ferrol comeza oficialmente a remunicipalizar a luz

As mareas que chegaron aos gobernos municipais comprometeron avanzar na remunicipalización de servizos. É dicir, que servizos que hoxe prestan concesionarias privadas sexan xestionados directamente pola administración. Pouco a pouco, algúns gobernos locais van dando pasos concretos neste sentido.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 24/08/2016 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

Moi relevante é a remunicipalización da luz en Ferrol, por ser o primeiro gran contrato dunha cidade que avanza nese sentido. O alcalde explicou esta mañá que xa dispoñen dun informe para levala a cabo. Jorge Suárez argumenta que o documento do Instituto Tecnolóxico de Galicia respalda a súa “decisión política” de renunciar ao contrato e subministro e mantemento eléctrico. O líder de Ferrol en Común salienta que “o interese económico para o Concello é claro e meridanio”.

Jorge Suárez, alcalde de Ferrol
Jorge Suárez, alcalde de Ferrol | Fonte: pablolorosa.com

Remunicipalizar un servizo non é algo que se fai dun día para outro. Teo, un concello pequeno da periferia de Santiago onde gobernaba Martiño Noriega, por exemplo, botou máis dunha lexislatura para conseguilo coa auga. En Ferrol, o alcalde agarda que os departamentos que deben visar o plan -secretaría e intervención- non opoñan resistencia ao “aforro millonario”.  

Xestionar a lenta burocracia funcionarial non é a única barreira. A remunicipalización dos servizos foi un dos puntos de fricción da marea cos seus socios de goberno do PSdeG. Aínda que as relacións levan uns meses menos tensas, está por ver se aguantan así agora que o primeiro gran contrato dá os seus primeiros pasos oficiais cara a remunicipalización.

Hai moito diñeiro en xogo. A anterior adxudicación -que paralizou o novo executivo local- foi licitada por 2,75 millóns ao ano durante 15 exercicios. É dicir, 41 millóns de euros.

Beatriz Sestayo, líder do PSdeG no Concello de Ferrol, con Jorge Suárez
Beatriz Sestayo, líder do PSdeG no Concello de Ferrol, con Jorge Suárez | Fonte: www.1zip.ru
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

4 Loureiro

Bla, bla, bla, bla : A charlataneria de Jorge Suárez non ten límite. Outra serpe de verán máis. Non é quen de montar unha empresa municipal de obras pequenas, nin outra de mantemento de zonas verdes e parques infantís, Privatiza a atención telefónica, a atención cidadá, a xestión dos espazos culturais, e dos centros cívicos, a xestión dos locais de ensaios. En troques de xestionar directamente o aparcadoiro de Armas, deixa que faga negocio Isidro Silveira. Este alcalde e un incapaz completo

3 Esquerda

A presión dun colectivo cidadá, a actuación do grupo municipal do BNG e o compromiso de dous concelleiros do PSOE foron decisivos para que FeC tivera que rectificar a súa decisión inicial -mesmo levada para a súa aprobación polo alcalde nuna asamblea de afiliados/as caos que se lles deú una "información" torticeira- de aprobar en Pleno o contrato de privatización que deixara asinado o anterior Goberno local do PP.

1 comunista independentista

Pero aínda existe o BNG?

2 Eu mesmo

Hai terapias para o teu e tamén fármacos, haloperidol p.e., e non é caro demais...

3 esquerda

Existe una folla "informativa" asinada por FeC -aínda que polo visto non consultada con toda a coordinadora de FeC- que se repartíu ao asistentes da asamblea do 12 maio no Carvalho Calero e na que se dí que non quedaba máis remedio que aprobar o contrato eléctrico asinado polo anterior gobernó local do PP; o "debate" sobre ese asunto tan importante fói orientado dende o principio pola mesa do acto -na que estaba Jorge Suaárez- para que a xente apenas opinara e para forzar una votación aceptando esa aprobación. só cinco persoas dunhas 50 se abstiveron nese punto. Parte dos asisñtentes á asamblea hoxe non saen do seu asombro ante o cambio de actitude da alcaldía -positiva claro está- nun asunto que en Maio non tiña solución. Sí que hai que poner en práctica canto antes terapias pero para evitar os comportamentos pouco coherentes e que non se volte a tratar á xente como nenos manipulables .

4 GHAZAFELHO

De que colectivo cidadá nos fala?

2 Merucu Xusticieru

Xa nos diran como se xestiona directamente o servizo de subministracion electrica.....Van crear unha empresa municipal ???!!!

1 Algo sobre isto

Noraboa ao liberado de CC OO por comezar oficialmente a encargar un informe. Algo que dicir dos insultos da deputada de Podemos secretaria de "FEminismo e Igualdade" á testemuña de Xehová? http://okdiario.com/investigacion/2...

1 antiburras

Publicar enlaces do periódico de Eduardo Inda, xa amosa que tipo de persoeiro es