Natxo Lezcano para o Breo

O técnico biscaíño de 43 anos, que levou o Palencia dende a LEB Prata ata gañar unha Copa Príncipe no 2015 contra o Breogán, dirixirá o primeiro proxecto de Suso Lázare como presidente. Xa traballa en Lugo no plantel e será presentado o vindeiro luns.

Por gcdeportes | Lugo | 26/08/2016 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

O último partido de Natxo Lezcano na LEB Ouro foi precisamente no Pazo lucense, en maio do 2015, cando Palencia caeu na prórroga (88-86) do terceiro partido dos cuartos de final do ascenso á ACB ante Breogán e o técnico biscaíño daba a noraboa “a unha afección fantástica”. Alí remataba a exitosa etapa do técnico vasco en Palencia, oito anos dende a LEB Prata ata o triunfo na Copa Príncipe en xaneiro do 2015 sobre o Breogán. Unha relación intensa.

Natxo Lezcano, en acción no Pazo, no play-off de ascenso á ACB en maio do 2015.
Natxo Lezcano, en acción no Pazo, no play-off de ascenso á ACB en maio do 2015. | Fonte: Pat Muñoz (@patmas16)

Logo dunha curta experiencia de menos de dous meses no Toros de Aragua venezolano (volveu para España para coidar da súa nai trala morte do seu pai), Lezcano regresa á primeira liña en Lugo. Pouco tardou Suso Lázare, novo presidente do CB Breogán, en ter adestrador para o seu primeiro proxecto. Natxo Lezcano (Portugalete, 17 de outubro de 1972) xa está en Lugo traballando na confección do plantel e será presentado o vindeiro luns. Terá como segundo adestrador a Quique Fraga, que xa tiña contrato para esta tempada.

Lezkano conta cunha ampla experiencia tanto a nivel nacional (antes do Palencia foi axudante de Dusko Ivanovic, Perasovic, Pedro Martínez e Maljkovic en Baskonia, gañando unha liga e tres Copas e participando en tres Final Four da Euroliga) coma en competición internacional (chegou a dúas semifinais do Afrobasket con Costa de Marfil e estivo con Filipinas no Mundial de España’2014)

O Palencia de Natxo Lezcano era un equipo sempre competitivo, que gustaba de xogar duro en defensa, como quedou demostrado coa batalla dialéctica que mantivo con Lisardo Gómez, daquela técnico lucense, no play-off de ascenso da liga 2014-15, por unha mal entendida queixa sobre a dureza dos palentinos no segundo partido no Marta Domínguez. “Manda cojones. Que se queje un equipo tan duro… y lo digo en el buen sentido. A mí los equipos que juegan duro, como Breogán o Burgos, me gustan”, respondeu de xeito elegante Natxo Lezcano.

Natxo Lezcano, falando co árbitro no seu último partido no Pazo.
Natxo Lezcano, falando co árbitro no seu último partido no Pazo. | Fonte: Pat Muñoz (@patmas16)
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta