A suma de En Marea, PSdeG e BNG permitiría un goberno progresista

Unha enquisa de Sondaxe sitúa o PP con 37 escanos, as mareas como segunda forza, con 18, e a PSdeG con 15 e BNG con 5 parlamentarios. Ciudadanos quedaría fóra da Cámara.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/08/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Galicia podería ter un goberno progresista se se cumpren os prognósticos da enquisa de Sondaxe e se En Marea, PSdeG e BNG son quen de chegar a un pacto tras os comicios do 25 de setembro. O PP perdería a maioría absoluta por un só escano, acadando 37 representantes, mentres que a suma das forzas progresistas sumarían un máis, xusto os necesarios para gobernar en maioría. A enquisa, publicada hoxe por La Voz, deixa fóra do Parlamento galego a Ciudadanos e constata que, contra o que se esperaba tras as últimas eleccións estatais, o voto conservador perdería forza no país.

Datos globais e por provincias da enquisa electoral de Sondaxe comparados cos resultados dos comicios autonómicos de 2012
Datos globais e por provincias da enquisa electoral de Sondaxe comparados cos resultados dos comicios autonómicos de 2012 | Fonte: Electograph.

A nova enquisa repite os resultados da publicada hai tres semanas, que xa indicaba que a pesar de que os populares gañarían os comicios, produciríase un empate técnico entre o PPdeG e as forzas de esquerdas, que xa sumaban 38 escanos.

Sondaxe volve dar unha caída de catro escanos para os populares, que pasarían de 41 a 37 parlamentarios, e sitúa como segunda forza a En Marea con 18, o dobre do que conseguira a coalición AGE nos comicios anteriores. Os socialistas perderían tres representantes, acadando 15 —producíndose así o sorpasso— e o BNG seguiría caíndo, pasando dos sete parlamentarios actuais a cinco. Así, en total as forzas progresistas sumarían os 38 parlamentarios que marcan a maioría absoluta na Cámara galega, que ten 75 escanos.

PORCENTAXE DE VOTO

No que respecta á porcentaxe de estimación de voto, os populares obteñen nesta sondaxe o 44,9 por cento, un 1,4 por cento máis que hai tres semanas. De todos os xeitos, esta porcentaxe continúa sendo insuficiente para alcanzar a maioría absoluta.

Pola contra, a coalición En Marea consegue unha estimación de voto do 23,8 por cento, cando a principios de mes Podemos, por unha banda, e En Marea, pola outra, sumaban un 23,7 por cento.

O PSdeG —que nas últimas semanas rexistrou intensos cruces de declaracións entre os seus militantes debido á confección das candidaturas provinciais— perde máis de dous puntos en estimación de voto, aínda que resiste nos 15 escanos.

O BNG repite exactamente os seus resultados de principios de mes, co 7,4 por cento, e Ciudadanos desplómase e acada tan só un 1,6 por cento, unha porcentaxe menor que hai tres semanas, cando conseguiu un 4,1 por cento.

POR PROVINCIAS

Por circunscricións, en Lugo e Ourense gañaría o PP, pero é na segunda na que os populares perden o escano que lles deixa sen maioría absoluta. En ambas as dúas provincias, En Marea cede a segunda posición aos socialistas, aínda que por unha marxe moi estreita.

No eixo atlántico o comportamento é distinto, posto que o PP non conseguiría a maioría nin en Pontevedra nin na Coruña, sendo nesta última provincia onde En Marea obtería os seus mellores resultados, con sete deputados e unha estimación de voto do 27,5 por cento.

Os resultados desta sondaxe mudan totalmente as previsións para Galicia tras as pasadas eleccións xerais, das que saíran reforzados os populares, que conseguiron  no Congreso dous escanos máis por Galicia que nos comicios de 2015, e os socialistas, que lograron manterse como segunda forza, mentres que daquela caíron En Marea, Ciudadanos e BNG.

As autonómicas semellan outro cantar e o cambio parece máis preto, se atendemos á enquisa de Sondaxe. Desta vez a alternativa sería un tripartito, para o cal En Marea, PSdeG e BNG deberían achegar posturas que agora semellan distantes, especialmente entre os primeiros e os terceiros. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

22 De derechas

Ver a la siniestra izquierda gallega a palos entre sí produce un placer inigualable. Reconozco que Feijóo no hizo nada pero al lado vuestro es Winston Churchill.

21 Ted Flanders

Perdón!! que a suma de Anueva-Puedemos-Izquierda Unida de España (y olé) mais o Psdegademadrí xunto con non sei quén é unha alternativa de esquerda??.....pero de esquerda de qué? Porque mais señoriteiros cos de "chúpame la minga Dominga....." non hai.....fan a Feijo un dandy, un esquerdoso, un rebelde, un inadaptado, un malote.....Vamos...un exemplo a seguir!! Como dí o dito supostamente de Nixon: Este presidente é un fillo de p....! pero é noso fillo de p.....! e o resto especies invasivas!

20 Guillerme Gintonic

A suma de En Marea e PSdeG vai permitir un goberno progresista no que non estará o BNG por que non vai ter representación NINGUNHA

19 Romualdo

Discutibles pronósticos. Hoy se publicaron otras dos que dan mayoría absoluta a Feijóo. Ciudadanos está dando mucho que hablar estos días y es fácil que saque diputados por Pontevedra y Coruña. Sin olvidar a Democracia Ourensana que si repite resultados de las municipales tendría 1-2 diputados. Lo que cuesta creer es lo del BNG.

18 carla

Unicamente o BNG ten os pés e á cabeza na Galiza. Se non existise habería que intentalo. Adiante Ana, adiante BNG.