Temas: XUNTA

Canto custa quentar as dependencias da Xunta?

O Goberno galego dispón de 281 centros de administración que necesitan ser quencidos e refrixerados. A Xunta acaba de sacar a concurso a subministración de combustible de calefacción para estas dependencias das catro provincias galegas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/09/2016 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

Quentar a gran cantidade de centros administrativos dependentes da Xunta de Galicia non é unha tarefa nada fácil, nin moito menos, barata. O Goberno galego acaba de sacar a concurso a subministración de combustible de calefacción, gasoleo C, aos centros de consumo da rede de enerxía da xunta de Galicia (Redexga).

Complexo administrativo da Xunta en San Caetano
Complexo administrativo da Xunta en San Caetano | Fonte: eldiario.es

Un contrato que supera os catro millóns de euros para os dous vindeiros anos e que ten coma obxectivo regular o réxime de contratación centralizada e a distribución de competencias para a contratación da subministración enerxética dentro da da Xunta.

O contrato divídese en 4 lotes, correspondéndose cada un deles cunha das 4 provincias galegas. Así, o lote 1, que se corresponde con A Coruña, ten 92 centros e un gasto de case un millón de euros en calefacción. En Pontevedra hai 78 centros, que aínda que menores en número aos da Coruña, consumen máis, case 1.4 millóns de euros. En Ourense hai 66 centros que consumen case 909.000 euyros e en Lugo, 45 cun gasto de 805.0000 euros.

A suma dos consumos anuais é de case 3.7 millóns de litros ao ano, que representa as necesidades de combustible para calefacción previstas inicialmente para os 281 centros de subministración da Xunta. O custe total para dous anos de licitación do contrato de subministración de gasóleo C é de 4.038.112,60 euros segundo recolle o prego de condicións do contrato ao que tivo acceso GC.

Esta contratación chega, ademais, cando a Xunta quere modificar o sistema de calefación de gasóleo de moitas das súas dependencias co sistema de pelets. Un novo sistema que, ademais, está a subvencionar para a instalación en domicilios particulares.

Temas: XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Gamela

Canto custa quentar a Marea ? https://achegas.enmarea.gal/

3 Vila

...

2 Choví chová

Cando gobernen as Mareas llo poden externalizar a Cidadanía de Calefacción e Quentamento por exemplo http://www.cousasdeimeneo.net/o-gob...

1 Dalle que libras

Pero o do subministro de combustible non era cousa de Marcial Dourado? Ah que so era para os hospitais¡¡¡¡¡