Detido en Vigo un condutor que colisionou con varios coches estacionados e que circulaba baixo os efectos do alcohol

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 35 anos de idade, J.T.C., como presunto autor dun delito contra a seguridade vial por conducir baixo os efectos do alcohol, ocasionando danos a varios vehículos que estaban estacionados.

VIGO | 30/08/2016 | Actualizada ás 14:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 35 anos de idade, J.T.C., como presunto autor dun delito contra a seguridade vial por conducir baixo os efectos do alcohol, ocasionando danos a varios vehículos que estaban estacionados.

Segundo informaron fontes policiais, o 092 recibiu varios avisos de testemuñas que viron como o home colisionou con varios coches aparcados na rúa San Roque. Ao chegar ao lugar, observaron un turismo Peugeot 206 no medio da calzada, cun golpe nun lateral e unha roda rebentada, e unha muller ao seu lado que aseguraba ser a propietaria e condutora.

Os testemuños permitiron aos axentes comprobar que, en realidade, aínda que o coche era propiedade da muller, o condutor era un varón, que se atopaba baixo os efectos do alcohol e quizais dalgún "tipo de substancia estupefaciente".

Os axentes requiriron o home para que se sometese a unha proba de alcoholemia, pero este negouse en todo momento, polo que foi detido.

Por outra banda, a Policía Local tamén instruíu dilixencias contra un condutor, un veciño de Moaña (Pontevedra) de 47 anos de idade, que foi sorprendido na madrugada deste martes conducindo baixo os efectos do alcohol na rúa Martínez Garrido.

Este condutor foi sorprendido por unha patrulla cando se saltaba un semáforo en vermello. Cando lle deron o alto para identificalo, e lle realizaron o test de alcoholemia, este deu resultado positivo por enriba do límite penal, polo que se instruíron dilixencias por un suposto delito contra a seguridade vial.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta