Temas: XABARIL CAZA

Cazadores galegos intensificarán as batidas de xabaril nas zonas onde provoca máis danos

A Xunta pide a colaboración da Federación Galega de Caza para reducir o impacto deste animal en cultivos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2016 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Caza comprometeuse este martes ante a Xunta a intensificar a acción cinexética sobre o xabaril nas zonas nas que máis danos ocasiona esta especie nos cultivos.

Xabaril
Xabaril | Fonte: Universidade de Lisboa.

É o resultado dunha reunión entre a directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, e a de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, Belén do Campo, co presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira.

Nese encontro, segundo indicou a Xunta a través dun comunicado, as responsables autonómicas solicitaron a colaboración da federación para evitar os danos ocasionados polo xabaril.

Este concéntrase, maioritariamente, no interior da provincia da Coruña e nas bisbarras de Ferrolterra (A Coruña), A Mariña (Lugo) e O Deza (Pontevedra), así como no sur da provincia de Lugo e no interior da de Ourense, segundo detallou a Consellería de Medio Ambiente.

Temas: XABARIL CAZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Hermerico

De conservaçom da natureza, que paradoxo. Eu quero ser director geral de conservaçom dos escopeteros. Bom, esperemos que nas batidas haja algumha baixa por fogo amigo. Também me valem os desgraciados que dim que o javali é umha praga.

1 delmiro

Hermerico, ¿te gustaria que en vez de cazar jabalies se cazaran independentistas?. lo digo jocosamente, no quiero ser tan bárbaro como tu.

2 Hermerico

Nom, melhor bobos perdona-vidas espanholistas com pretensa superioridade moral