Nova mobilización contra as corridas de Touros

A Plataforma  "Galiza, mellor sen touradas" acaba de convocar mobilizacións de protesta ante a novillada que terá lugar o 11 de xullo en Negreira para evitar o "lamentábel espectáculo que fomenta a tortura e o sufrimento gratuíto dos animais"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/07/2009 | Actualizada ás 08:33

Comparte esta noticia

En canto á Comisión de Festas queremos crer que non reflexionaron o suficiente sobre a gravidade da novillada que organizan, desta volta polo San Cristovo, e precisamente por isto ADEGA cre necesaria unha mobilización para espertar conciencias.

Facemos un chamado aos veciños e veciñas de Negreira para que lle expresen o seu rexeitamento ao Concello e á Comisión de Festas e non participen nesta barbaridade.

Teléfones e enderezos para expresarlles o voso rexeitamento á "novillada":

Comisión de Festas: festexosnegreira@yahoo.es

Concello de Negreira: 981885250-981885550; Fax: 98188532; concello@concellodenegreira.es "

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 anónimo

Matar por matar non!

2 anónimo

E os polbos mazados vivos contra as rochas?
E as nécoras? E a centola, españoleira ou francesa ou irlandesa?

1 Ulmus campestris

E do boi de Allariz que me contades? Ou Quino cando foi alcalde non estaba contra dos touros, encerros, etc.

http://www.festadoboi.com/

¡SUPRESIÓN DA FESTA FEIXISTA E ESPAÑOLEIRA DO BOI XA! SENÓN... ¡¡¡¡¡¡GREVE, GREVE, GREVE!!!!!!!