Sacar a dereita de Galiza

A decisión de Xosé Manuel Beiras de non presentarse como candidato a presidente da Xunta de Galicia foi unha demostración mais da súa actitude patriótica. Escribindo deste xeito o epilogo da súa historia política. Malia esta decisión sigo pensando que era a figura clave para enfrontar a Núñez Feijoo e poder ser a segunda forza política.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 02/09/2016

Comparte esta noticia

A actual situación político - electoral demostra claramente a crise de representación da esquerda galega. Por unha banda dúas alternativas que compiten polo mesmo espazo. A Marea cun candidato sacado da manga, a ultima hora e ás carreiras. Con moitos candidatos nas listas que son auténticos descoñecidos e sen militancia contrastada. Mentres o BNG malia o seu retroceso electoral nos últimos anos, ten unha importante estrutura de cadros e unha practica militante centrada en Galiza.
A organización que represento Nova Esquerda Socialista tomou a decisión de convocar ao noso simpatizantes e á cidadanía en xeral, para que voten por estas dúas formacións de confluencia. Desde unha perspectiva, critica e autónoma. O obxectivo é sacar á dereita conservadora e caciquil. Aínda que non se trata só de sacar a uns para poñerse a outros. Trátase de iniciar un proceso constituínte en Galiza, onde se poidan conseguir os nosos dereitos nacionais e sociais, como pobo e como nación.

Para iso necesitamos un programa transformador e un pobo que constrúa poder popular, para que estas aspiracións se poidan cumprir. Malia esta decisión política de apoiar ás dúas confluencias, pola miña cabeza pasan moitas ideas, ás veces tamén o cabreo lévame a pensar na abstención. Por agora e ante a renuncia de Beiras a ser candidato creo que o meu voto será para o BNG. Síntome mais identificado coa súa militancia, os seus candidatos teñen unha importante formación política e están fogueados na loita. Ana Pontón leva moitos anos dando a cara no Parlamento de Galicia de forma consecuente, cos sectores afectados pola políticas neoliberais.

Aínda que o voto din que é secreto. Gústame falar claro e de forma coherente co meu pensamento. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.