Temas: VOTACIóN

A Xunta sufragará a viaxe dos veciños que teñan problemas para desprazarse a votar

Os concellos deberán dar a coñecer nun bando as particularidades deste “transporte institucional gratuíto” de xeito que “a veciñanza poida ter coñecemento veraz e suficiente”.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 07/09/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, ven de enviar as gobernos locais unha comunicación na que indica que “os concellos poderán valerse de transporte institucional gratuito”, para levar aos electores ao seus colexios electorais o vindeiro día 25, data na que se celebran as Eleccións ao Parlamento de Galicia.

Partidos da oposición denunciaron nos pasados comicios o carretaxe duns enfermos que foron trasladados a votar en cadeira de rodas
Partidos da oposición denunciaron nos pasados comicios o carretaxe duns enfermos que foron trasladados a votar en cadeira de rodas

Coa finalidade de cubrir estas necesidades, os Concellos deberán entregar á Xunta itinerarios a seguir, horarios e frecuencias previstas por cada entidade local e medio previsto para o percorrido, sexa microbús ou autobús.

De acordo coa propia comunicación da dirección xeral, será esta quen “contacte coas federacións de asociacións provinciais de transportistas de viaxeiros, co fin de establecer a adxudicación [do transporte] entre os seus asociados” e, con carácter inmediato, “os responsables destas federacións informarán das compañías, matrículas dos autobuses e outros datos do transporte institucional gratuíto que prestará o servizo” en cada Concello.

Será cada Concello o que dea a coñecer nun bando as particularidades deste “transporte institucional gratuíto” de xeito que “a veciñanza (o electorado) poida ter coñecemento veraz e suficiente”.

Logo das Eleccións Municipais de 2015, o Partido Popular ten maioría absoluta en 145 dos 314 concellos de Galicia e foi a forza máis votada noutros 55; ademais, na actualidade catro membros do Partido Popular de Lugo teñen que ir a xuízo como presuntos autores dun delito electoral, por por presunto carrexo de votos durante ás últimas Eleccións ao Parlamento de Galicia, o pasado  21 de octubre de 2012, logo de que o xuíz considerase que deben de ser xulgados por levar ata a mesa electoral a 7 anciáns dunha residencia, algún deles con demencia senil ou Alzheimer.

Escrito da Xunta enviado aos concellos para facilitar o transporte dos veciños nas eleccións do 25S
Escrito da Xunta enviado aos concellos para facilitar o transporte dos veciños nas eleccións do 25S

Do medio colaborador vigoalminuto

Temas: VOTACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 galegoexiliado

E tamén lles proporcionará a papeleta pa que non se equivoquen ó votar. YES WE TRUMP.

1 carretar, carretarei...

A papeleta xa lla dan as monxiñas ou o afiliado do PP antes de sair do asilo, e mailas instruccións pertinentes.