Falece un traballador tras envorcar o tractor con maquinaria que manexaba en Maceda (Ourense)

Un traballador faleceu este venres no municipio ourensano de Maceda tras sufrir un accidente co tractor con maquinaria que manexaba mentres desbrozaba unha zona de monte.

OURENSE | 09/09/2016 | Actualizada ás 13:36 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un traballador faleceu este venres no municipio ourensano de Maceda tras sufrir un accidente co tractor con maquinaria que manexaba mentres desbrozaba unha zona de monte.

Segundo informou o 112 Galicia, o falecido manexaba un tractor con maquinaria que envorcou e quedou atrapado no interior. O home traballaba nunha zona de difícil acceso entre Pías e o Monte de Castro de Escuadro, no lugar da Teixeira, en Maceda.

Un compañeiro chamou ao 112 Galicia sobre as 9,00 horas para avisar do sucedido tras o que se puxo en marcha un operativo no que participou o servizo de Protección Civil da localidade, os axentes da Guardia Civil e profesionais de Urxencias Sanitarias.

Así mesmo, foron informados os voluntarios de Protección Civil de Baños de Molgas e os Bombeiros de Ourense.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta