Paixón pola gastronomía e por Instagram en Tomiño, no encontro #WWIM14

'Instagramers' de Vigo e Pontevedra organizan un encontro nas Adegas Altos de Torona co gallo do Worldwide InstaMeet 14.

Por GC Tendencias | Vigo | 12/09/2016 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

Miles de persoas de todo o mundo reuniranse en distintos puntos do planeta o sábado 17 de setembro para celebrar o #WWIM14 (Worldwide InstaMeet 14), un evento para explorar e compartir a paixón por Instagram e, nesta ocasión, a comida. Porque a comida é o tema elixido pola rede mundial de instagramers para esta ocasión.

'Instagramers' de Vigo e Pontevedra organizan o encontro #WWIM14 (Worldwide InstaMeet 14) en Tomiño.
'Instagramers' de Vigo e Pontevedra organizan o encontro #WWIM14 (Worldwide InstaMeet 14) en Tomiño.

Co gallo deste evento mundial, o colectivo Instagramers Vigo, en colaboración con Instagramers Pontevedra, organiza un #WWim14Celestial nas Adegas Altos de Torona, uns viñedos de 100 hectáreas situados na ladeira de monte Galelo, no municipio de Tomiño, Pontevedra, que ofrece unhas vistas e fotografías únicas. 

Alí, os participantes poderán degustar os seus viños do Rosal acompañados dunha selección gourmet das mellores Conservas 1884, para coller forzas e percorrer os viñedos que estarán en plena vendima 2017 e para coñecer e tomar unhas fotografías celestiais.

Ademais Adegas HGA e Conservas 1884 elixirán a mellor foto deste encontro de instagramers, cuxo autor recibirá un lote de Conservas Gourmet 1884 e un pack de viños Altos de Torrona.

Para asistir a este encontro é necesario completar un formulario na páxina www.igersvigo.com/inscripcion. Os solicitantes serán aceptados por orde de inscrición e en caso de encher as prazas farase lista de espera.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta