“As enquisas doutros partidos dannos 2 deputados como mínimo”

Se de Democracia Ourensana depende e a esquerda asume investimentos para a provincia, o PP non volverá a gobernar na Xunta. Agora ben, se a esquerda pasa e o PP asume eses investimentos, e ademais entrega a cabeza de Baltar, DO está aberta a falar cos conservadores. Así se pode resumir a estratexia electoral do partido ourensanista, en palabras do seu cabeza de cartel, Miguel Caride. O centro de Intelixencia Artificial para Ourense que figura no seu programa e a sanción proposta a DO por parte do Tribunal de Cuentas son outros dos temas desta conversa.

Por Manuel Vilas | Ourense | 20/09/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Democracia Ourensana é ignorada en todas as enquisas. Iso, malia  que nas eleccións locais de 2015 logrou máis de 15.000 sufraxios e 12 concelleiros, máis do 7%, o que lle garantiría en teoría polo menos un escano no Parlamento de Galicia. Por que cre que se produce esta discriminación nas enquisas?

O tema do boicot nas enquisas é un clásico en Democracia Ourensana (DO). Nós xa o sabemos. Sucede que nós encargamos a nosa propia enquisa, aínda que só no concello de Ourense. Reflicte que seguimos sendo a segunda forza na cidade, despois do PP, un pouco coa mesma tendencia que nas municipais. Cando se fixeran as enquisas para as municipais, dábanos 3 concelleiros. Ao final sacamos máis dun 25% dos votos e oito concelleiros. En todo caso, nas enquisas tamén se está a ver que hai moitísmos indeciso, ao redor do 30 por cento. Confiamos en captar unha gran parte deles, pois parece que, en vista do sucedido con outras enquisas no pasado, hai certos complexos nalgunha xente a dicirlle a un enquisador que se vai a votar por DO.

Daquela a súa enquisa indica que poderían sacar a mesma porcentaxe que nas locais?

Máis o menos o mesmo resultado que en maio de 2015. Claro, ao trasladar esta porcentaxe ao conxunto da provincia baixa [nas locais a nivel provincial foron os cuartos máis votados co 7%, pero só se presentaron en tres municipios]-

Xa, pero agora poderanos votar ourensáns de toda a provincia, non como as locais …

Si, de feito a campaña estámola a facer por toda a provincia. A enquisa só a fixemos no Concello de Ourense por motivos económicos, somos un partido pequeno, e para pulsar os temas de como vai a vida política na capital.

Vense daquela con representación no Parlamento de Galicia?

Miguel Caride, de Democracia Ourensana, nunha imaxe do seu Linkedin
Miguel Caride, de Democracia Ourensana, nunha imaxe do seu Linkedin

Estamos convencidos de que si. De feito, temos informacións de enquisas doutros partidos que nos dan como como mínimo 2 deputados, podiamos estar nos 22.000 ou 23.000  votos na provincia.

O seu programa é un décalogo de dez medidas, moitas delas moi concretas. Sorprende, por ambiciosa e innovadora a primeira: "implantación dun gran institituto de investigación en intelixencia artificial (...) terá unha plantilla dun millar de traballadores". Mil investigadores suporía un investimento moi grande e difícil de asumir a Xunta ...

Mire, a provincia de Ourense ten sobre dous problemas moi graves, de atraso económico e demográfico. Isto ten que ver que durante anos a Xunta non tomou medidas para favorecer a Ourense. Nos últimos orzamentos para a provincia había un investimento de 220 millón, 668 euros por habitante. Son máis dos 508 da Coruña, pero ao multiplicalo pola poboación A Coruña ponse por riba dos 660 millóns de investimento. Por iso reclamamos unha compensación de 500 millóns por año en investimentos para xerar riqueza e traballo en Ourense.  

E por que en concreto no campo da intelixencia artificial?

Porque é o futuro de todo, e de feito cada vez hai novos e grandes centros en Europa. Galicia tamén os debe lanzar e queremos que o faga en Ouerense. Así vaise modernizar a nosa provincia, non só dende o punto de vista económico. Traer mil investigadores axudará a dinamizala dende o punto de vista social, e que a nosa provincia non se afogue demográficamente. Hai no mundo moitos exemplos de cidades que lograron cambiar o seu modelo social cun investimento así.

No eido económico, que outras medidas reclaman?

Crar un clúster para agroindustira e que os proxectos industriais da Xunta se prioricen en Ourense. Por exemplo, que a Plataforma Loxística que planea para o Sur de Pontevedra se poña en Ourense.

Que lles pareza que Feijóo e Rajoy anden a dar mitins con Baltar, malia estar imputado?

Os outros partidos están explotando poíticamente esta cuestión, pero só dende o punto de vista teórico. Somos o únic partido que tomou cartas no asunto, presentándonos como parte no preito, eu mesmo son o abogado da acusación particular. Démoslle tempo e fixemos chamamentos aos outros partidos para que se sumasen, pero ningún o fixo. E nós sós puxemos os 9.000 euros de fianza para poder participar no perito. O resto de partidos adícase a pedir e a falar, pero a corrupción hai que atallala onde hai que atallala, que é nos xulgados.

Xa, pero sobre o que lle preguntaba dos mitins …

Pois é unha unha barreira que se están a crear  para posíbeis negociacións futuras, non poden seguir manténdoo aí, non só polo seu caso dunha suposta oferta de traballo a cambio de sexo, senón tamén porque o seu pai foi o responsábel do atraso econóico de Ourense creando unha oligarquía ao seu redor. Hai que cambiar as leis da administracións para que, entre outras cousas, as deputacións non poidan comprar vontades mediante, por exemplo, as subvencións nominais, que o que permite que sigue funcionando esta oligarquía. 

Daquela interpreto que no seu caso pedirán a cabeza de Baltar ...

Eu non podo entrar na organización interna dun partido, pero no PP teñen que entender que se eu vou negociar cun partido para investilo, non podo estar asemade personado como acusación particular nun preito contra un dos seus dirixentes. Iso sería unha incoherencia pola nosa parte. Implica isto pedir a cabeza de Baltar? Pois que que quere que lle diga, si.

DO ascendeu tanto electoralmente cun discurso moi crítico coa corrupción, endémica na política ourensana, e a sáu falta de transparencia. Agora ben, tras as eleccións locais vostedes presentaron unha contabilidade dos gastos incorrectas, segundo acaba de determinar o Tribunal de Cuentas. O Tribunal mesmo reclama que devolvan gran parte da subvención que lles corresponda polos seus 15 concelleiros. Non caeron vostedes nunha contradición?

O que sucedeu na campaña das locais foi un erro por parte de Gonálo Pérez Jácome [voceiro do partido, fundador e alma mater], que donou 19.000 euros para a campaña cando a cantidade máxima por lei é de 10.000 . Foi un erro e efectivamente iso conduciu a que nos reclamen parte das subvencións. Pero hai que ter en conta que, aínda que isto formalmente é un partido, somos máis ben unha agrupación de cidadáns independente. Somos as personas que estamos dentro as que pagamos as campaña, sen créditos ou doazóns de fóra. Eu considero que o que pasou na camapaña das locais non foi un erro grave,ao fin e ao cabo era diñeiro propio. Tamén é certo que a lexislación electoral, ao pór o límite nos 10.000 por persoa, está buscando que se poidan comprar vontades nos partidos mediante aos doazóns, pero asemade tamén está a afogar os medios dos partidos pequenos, coma nós, que somos a xente que vai nas listas e pouco máis. Nós non podemos organizar grandes mítines nin reservar recintoss .. En todo caso, non foi que unha empresa nos dera 19.000 euros a cambio de algunha adxudicación, non se pode comparar por exemplo con todo o que fixo o PP coa Gürtel. O Tribunal proponos como sancionable un pouco como cabeza de turco, porque nós nunca favorecimos a ninguén a cambio dunha doazón, entre outras cousas porque non gobernamos ningunha administración. 

E haberá xente que dubide se votar a DO precisamente tendo en conta esa falta de experiencia nun goberno …

Iso sería pechar portas innecesariamente, como negarlle un posto de traballo a un mozo que acaba de rematar a carreira porque non ten experiencia. En todo caso, eu teño experiencia, son un profesional que leva exercendo a abogacía 28 anos, que militou en diversos partidos políticos e que ten a suficiente experiencia profesional e preparación técnica. Ademais, o que estamos a notar na capaña é precisamente un rexeitamento da mensaxe política ao uso, as mensaxes baleiras de sempre. A nós a xente estanos a recibir ben porque damos datos obxectivo. Dicimos que o único xeito de saír para adiante é facer investimentos fortes, por iso pedimos 2.000 millóns para Ourense catros. Se logramos que a provincia pase de 6.000 familias que viven agora do sector agroalimentario pasen a 25.000, xa teremos cambiado algo destino de Ourense, que por certo é a última provincia de España en reta per cápita.

Propoñen vostedes fortes investimentos públicos para impulsar a economía, algo tradicionalmente considerado propio das esquerdas. DO é de esquerdas ou de dereitas?

Eu personalmente, non o oculto, son exmilitante socialista e fundador do Partido Nacionalista Galego (PNG). Con todo, as políticas do SXXI deben ser máis transversais. O 15M, e tamén Podemos, naceu con ese discurso de transversalidade, o que sucedeu é que se viu que a iniciativa privada no abonda para sacarnos desta crise. Por exemplo, en Ourense non hai unha boa comunicación entre a capital e O Barco, a segunda localidade máis habitada e, sen embargo, canto diñeiro público non se gastou en mellorar as comunicacións do Eixo Atlántico?

Daquela, interpreto que tamén estarían abertos a apoiar un pacto entre varios partidos para desaloxar a Feijóo de San Caetano …

Miguel Caride, de Democracia Ourensana
Miguel Caride, de Democracia Ourensana

Eu non oculto a miña preferencia para formar un goberno alternativo ao PP, porque somos o bastión contra a política oligárquica do PP en Ourense. Ademais, as dúas últimas lexislaturas da Xunta foron as peores para a provincia. Eles botaranlle as culpas a crise, pero o certo é que Oruense é quen máis sufriu os recortes que se decidiron en Santiago. Incluso perdemos a ciruxía infantil, que agora os nenos temos que operalos en Vigo! Renovar o goberno é bo. Agora ben, nós temos un programa concreto, con dez puntos, se o bloque de esqeurdas non é quen de asumilo, teremos que falar co PP para que o asuma e tratar o tema de Baltar.

E unha eventual negociación coas esquerdas, implicaría tamén un cambio no Goberno da cidade de Ourense, onde o PP goberna en minoría e DO, PSOE e Ourense en Común suman concelleiros dabondo para derrubar ao alcalde Jesús Vázquez?

Os proxectos a nivel autonómico e local de DO son diferentes e, no caso de chegar a algún tipo de acordo, eu creo que non se deberían mesturar os dous ámbitos. O que se negocie en Santiago, debe afectar á Xunta.

Para ir finalizando a entrevista, que percepción persoal ten vostede do resultado da campaña?

Sinceramente, a miña maior ilusión é que logremos representación; mellor dous escanos, pero prefiro un diputado só e que o PP perda a maioría absoluta que ter dous e que o PP teña maioría absoluta, porque neste último caso poderiamos facer un traballo digno, reivindicativo, pero sen maioría absoluta poderiamos lograr máis cousas, e a provincia necesítao como auga de maio.

Democracia Ourensana cando oficializou a súa lista para as autonómicas, con Miguel Caride segundo pola esquerda e Jácome primeiro pola dereita
Democracia Ourensana cando oficializou a súa lista para as autonómicas, con Miguel Caride segundo pola esquerda e Jácome primeiro pola dereita
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 kinocho

Os democratas ourensans queren dous,van levar no... eles foron os peperos redomados toda vida, pero como baltar parou de darlle a teta por eso estan en contra del e do PP. Querian gobernar ourense pero fastidiaronse... o mesmo can con distinto collar.

2 Resiste Blesa!

Pois olla ti, que eu matinaba que D.O. significaba denominación de orixe. Polo que se asemellan estes aos PPinochos, e tan dados a sobres e dobles contabilidades.

1 Tamallancos

Democracia Ourensana é o único partido que se enfrentou ao baltarismo, o resto adicouse a vivir a súa sombra, sindicatos incluídos como CCOO

1 Desiderio

A que pretendía manterse (=engordar sen dar pancada) como deputada polo BNG en Ourense vai saír moi perxudicada con DO, e se cadra as Mareas tamén... Todo o que sexa limpar caciques é prioritario, as complicidades con baltarismo do PsoE e do BNG coñecémolas ben por Ourense. Dous deputados de DO poden significar a perda da maioría do PP e o final dos Baltares.

2 Valdeorras Nazón

E algúns afíns ao BNG, como Luís Tosar ou Superpiñeiro tamén lle facían as beiras aos Baltares cando lles conviña.

3 Xanti

Mira Tamallancos (que por certo mola mais Bouzas), inda estou esperando que DO lle faga a Baltarín a mesma persecución que lle fixo ao PSOE na cidade. Ide por aí anda...

4 Parada do Sil

Xanti a ti mólache o PsoEspañol? E para máis o PsoEspañol de Ourense!!! Que limpo, modélico o de Ourense!!! Case tanto como o Partido Podre do cacique saído Baltar! Polo menos Pachi e familia xa o intentaron polos arredores do Carballiño. Estades molestos con DO, por quitarvos votos, claro. Logo a conclusión é evidente: se existe e están apoiando a DO será que os partidos progres sodes uns farsantes que non fixestes nada do que predicades.