A compostelana Casa das Crechas acolle este xoves a música galaico-andalusí de Arifi

A compostelana Casa das Crechas acollerá este xoves o concerto do proxecto Arifi, unha formación que explora as músicas ibéricas dende os sons árabe-andalusí ata a tradición galega.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2016 | Actualizada ás 11:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A compostelana Casa das Crechas acollerá este xoves o concerto do proxecto Arifi, unha formación que explora as músicas ibéricas dende os sons árabe-andalusí ata a tradición galega.

Arifi é o nome que se dá en Marrocos ao vento do sur do Mediterráneo que viaxa dende África e chega ata Europa.

O proxecto, o espectáculo do cal forma parte da Rede Galega de Música ao Vivo, está liderado por Iria Estévez, Vadim, Toni, Gonzo Piña e Marco Mendoza. O concerto será a partir das 23,00 horas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta