Por Galicia Confidencial | Galicia | 15/09/2009
Por Mar Barcón. Este hombre feo y desdentado que canta abrazado a Franco es Millán Astray Como se deduce fácilmente de esta foto, su altercado con Unamuno y la frase "Viva la muerte, abajo la inteligencia" no fueron salidas de tono en una mala tarde, sino el reflejo exacto del pensamiento (¿?!) de este pendenciero fascista que, efectivamente, nació en Coruña aunque a nadie hasta la fecha se le había ocurrido llamarle "coruñés de pro", al menos en la historia reciente
El por qué Franco nombró al mutilado y rudo militar "Jefe de la Oficina de Prensa y Propaganda", lo sabe sólo el dictador, pero lo cierto es que la decisión no pudo ser más desafortunada y el incidente del Paraninfo de la Universidad de Salamanca fue sólo uno más de los episodios en los que afloró el carácter del fundador de la Legión.
El Ayuntamiento de Coruña decidió hace años que lo justo era comenzar por devolver la memoria y el honor a quienes habían sido borrados de nuestra historia por los vencedores. Así, un apseo por Los Rosales, por Monte Alto o por Matogrande, nos permite descubrir los nombres de quienes fueron fusilados, exiliados o negados, de quienes forman ya parte de nuestra historia, de quienes ya nunca serán olvidados. La recuperación de la Casa de Casares Quiroga, las placas en recuerdo de la visita de Azaña, el monumento del Campo de la Rata, formaron parte del intento de que nuestra ciudad rindiera honores a quienes nunca debieron ser perseguidos.
Ahora, el Ayuntamiento cumple la Ley de la Memoria Histórica, al igual que lo han hecho y lo están haciendo otras administraciones, gobernadas por socialistas o populares. Pero, al parecer, el portavoz del PP coruñés no está aún preparado para asumir lo que sí han hecho en Oviedo, Logroño o Madrid sus compañeros de partido: condenar el fascismo y retirar los símbolos impuestos por una dictadura. Por lo visto, a Carlos Negreira le cuesta entender que la estatua de Millán Astray tendrá un sitio idóneo en un Museo, pero que la plaza pública no es el lugar que merece aquél vociferante que amenazó al viejo Rector de Salamanca
Por si fuera poco, y como a todo hay quién gane, Pedro Arias proponía ayer en la radio una salida "de consenso" ni más ni menos que colocar una estatua a Miguel de Unamuno al lado de la de Millán Astray Una afrenta más al bueno de don Miguel, sobre todo teniendo en cuenta que apenas tres meses después del enfrentamiento, aquellos falangistas que quisieron lincharle en uno de los lugares más emblemáticos de la cultura española, se empeñaron en llevar su féretro a hombros, pese a la enérgica oposición de la familia del filósofo.. Seguramente el autor de "Niebla" estaría encantado de que le colocaran allí al lado, para poder volver a espetarle a la cara lo mismo que le dijo aquél 12 de octubre del 36 "venceréis, porque teneis la razón de la fuerza, pero nunca podréis convencer, porque para convencer hay que persuadir y para persuadir carecéis de lo más elemental: la fuerza de la razón y del derecho".
************************
MEMORIA HISTÉRICA
Por Xurxo Ayán. O debate aberto á entrada en Galicia Confidencial sobre a estatua de Millán Astray amosa o devalar da memoria histórica cara á memoria histérica neste país. Cómpre lembrar o contexto no que se produce este debate: un país no que os familiares de inocentes asasinados como cans teñen que facer acrobacias e piruetas legais para recuperar os cadavres dos seus seres queridos e soterralos con dignidade; un país no que un xuíz que abre a causa contra unha ditadura fascista ten que sentar no banco dos acusados. Alguén imaxina unha situación así nun país europeo? Dito isto, cómpre recordar que os símbolos franquistas teñen unha materialidade, son obxectos cargados de sentido, son cultura material do pasado contemporáneo. Por iso a Arqueoloxía ten bastante que dicir ao respecto. Imos poñer un exemplo: na Biblioteca Municipal de Cuntis recreouse entre marzo e maio unha escola franquista no salón de actos. Mario Touceda, o bibliotecario tivo que lidiar con dous casos antagónicos: o dun señor maior, represaliado no seu día, que se queixaba da insultante presenza dos cadros oficiais de Primo de Rivera e Franco e o doutro señor que, tras estar sentado nun escano durante 10 minutos, comezou a esbagoar coma un neno recordando a dura infancia nunha escola rural. Dúas actitudes, dúas formas de xestionar o recordo, a memoria.
Seguimos en Cuntis. Un traballo etnoarqueolóxico que levamos a cabo entre os canteiros da zona remitía constantemente á guerra civil e a represión: sindicalismo obreiro de preguerra, familias partidas pola guerra, asasinatos e humillacións por parte dos falanxistas, historias de fuxidos, a inauguración do Monumento de Maráns en 1945 obrigando aos fillos dos roxos a desfilar co saúdo fascista, etc., etc... A paisaxe cuntena (auga e pedra) reflicte como poucas a materialidade do rexime franquista nacional-católico: o Monumento ao Sagrado Corazón de Xesús (deseñado por Asorey e feito por canteiros de Cuntis), as listas de caídos pola Patria (por unha Patria) nas paredes de tódalas igrexas parroquiais, o escudo da Falanxe en obras subvencionadas pola Junta de Ayuda a Municipios, como os lavadoiros e as fontes... toda esta arquitectura ao servizo do Rexime foi erguida pola comunidade local, polos canteiros tradicionais que tamén foron a ferramenta para introducir a Modernidade, cos transformadores de FENOSA, as primeiras minicentrais hidroeléctricas, as reformas do Hotel-Balneario, o cuartel da Garda Civil ou o Mercado de Abastos. Un escudo da Falanxe sobranceaba a porta deste pequeno mercado; coa aplicación da Lei, este emblema desapareceu para sempre hai escasos meses. Ningún político lle preguntou á comunidade local nada ao respecto, cando os cidadáns e cidadás cuntenos manexan criterios políticos, estéticos e identitarios á hora de valorar a supresión ou non deses emblemas. O importante non é a Lei de Memoria Histórica, senón a memoria colectiva.
A damnatio memoriae é un proceso de xestión do esquencemento coñecido dende antigo e praticado polo Poder dende sempre. O rexime franquista é o mellor exemplo da eliminación do pasado democrático e republicano, disto non cabe dúbida. As dictaduras de socialismo real da órbita soviética tampouco se quedaron atrás. Outra cousa é un sistema democrático no que a conciencia dun pasado traumático, inxusto e cruel leva a rexeitar a presenza na vida cotiá de recordos dese pasado. En Alemaña alegar que as placas conmemorativas ou as estatutas en honra de Hiltler nas cidades son Patrimonio Histórico levaríanos directamente ao cárcere. Sen embargo, os campos de concentración, os espazos das masacres e asasinatos en masa, remanecen como monumentos para non esquecer a barbarie. E isto é así porque a sociedade alemá, o seu Parlamento o quere. Nesta coordenadas, o machista, xenocida, racista, mutilado, feo e asasino do africanista Millán Astray ten que estar nun Museo, de dinosaurios, de Historia natural... ou nun Parque Temático do odio e da tortura.
Os arqueólogos debemos rexistrar todos eses símbolos da que demos en chamar paisaxe presente do franquismo, todos eses elementos da cultura material que nos reflicten unha época gravada a lume na memoria colectiva. A mellor noticia é que o franquismo material está baixo terra ou nos Museos. Non así o franquismo ideolóxico, ben presente na España de hoxendía.