Quen sube, quen baixa, e onde

A comparación dos resultados deste domingo con citas previas permite observar que Feijóo saca mellores resultados que Rajoy, En Marea mellores que AGE pero peores que nas xerais, o BNG recupérase dende o verán e o PSOE retrocede en todo o país.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2016 | Actualizada ás 00:25

Comparte esta noticia

O PP gañou en todas as provincias de Galicia, cun total de 41 escanos e máis de 675.000 votos, e En Marea logrou situarse como segunda forza nas circunscricións da Coruña e Pontevedra, e tamén no Parlamento galego xa que, aínda que contará co mesmo número de deputados que o PSdeG, conseguiu 16.000 votos máis. Así mesmo, o BNG conseguiu manterse e perdeu só un escano (uns 28.000 votos menos que en 2012), a pesar dos malos prognósticos de todas as enquisas.

Feijóo celebrar o resultado electoral canda a súa nai nunha imaxe das súas redes sociais
Feijóo celebrar o resultado electoral canda a súa nai nunha imaxe das súas redes sociais

FEIJÓO SUPÉRASE A SI MESMO E A RAJOY

Así, segundo os resultados provisionais facilitados pola Xunta, e co 99,85% do escrutinio, o respaldo aos populares foi do 47,5%, e Feijóo logra non só consolidar a súa maioría, senón aumentar os apoios en toda Galicia. Nestes comicios, o PPdeG obtivo uns 14.000 votos máis que nas autonómicas de 2012 e 32.000 máis que nas últimas eleccións, as xerais de xuño.

Na provincia de Pontevedra, onde o candidato á reelección presentouse como cabeza de lista, o PP obtivo máis de 210.000 votos (un 0,43% máis que nas anteriores galegas) e mantén os seus 11 deputados. Mentres que os apoios na Coruña foron 276.000 (un 2,4 % máis) e mantén 13 escanos; en Lugo, máis de 96.500 (un 1,4 % máis) e baixa de 9 a 8 deputados (nesta circunscrición se elexía un deputado menos que en 2012); e en Ourense, algo máis de 92.000 (un 4 % máis) e sobe de 8 a 9 deputados.

O PP E O BLOQUE, OS ÚNICOS QUE PROGRESARON DENDE ESTE VERÁN

Feijóo e Pedro Puy comparecen tras a victoria electoral do PPdeG
Feijóo e Pedro Puy comparecen tras a victoria electoral do PPdeG

Con respecto ás últimas eleccións xerais, nas que Galicia elixiu a 23 deputados, só os populares e o BNG aumentaron o seu respaldo. Así o PP pasou dos 643.827 votos de xuño aos máis de 675.000 deste domingo; o PSOE, perdeu máis de votos; e En Marea obtivo uns 73.000 votos menos.

É significativo o incremento de votos do BNG nesta cita autonómica con respecto ás eleccións xerais. En xuño, a formación nacionalista só conseguiu 44.902 votos (mesmo 26.000 menos que nas xerais de decembro), pero este domingo logrou 'manter o tipo' e obtivo máis de 118.000 papeletas.

PROVINCIAS ATLÁNTICAS E DE INTERIOR

En liñas xerais, as provincias do interior foron maioritariamente afíns aos populares. Alí, o partido de Feijóo foi o primeiro, a pesar de perder un representante en Lugo, onde obtivo 8 escanos, seguido do PSdeG con 3, de En Marea con 2 e do BNG con 1.

No caso de Ourense, o PP afiánzase como primeira forza, con 9 deputados (un máis que en 2012), seguido por PSdeG, con dous; En Marea con outros dous; e o BNG cun.

Nas provincias atlánticas, A Coruña e Pontevedra, a formación encabezada polo exmagistrado Luís Villares colócase como segunda. No caso da Coruña, o PP mantén os seus escanos, e En Marea logra 5 representantes, os mesmos que os socialistas, pero con máis votos; e o BNG queda con 2. En Pontevedra, onde tampouco hai cambios no número de escanos do PP, En Marea tamén logra, con 5 deputados, o 'sorpasso' ao PSdeG, que baixa de 5 a 4; e o BNG perde a un representante, e queda con 2.

O PSDEG PERDE CASE 100.000 VOTOS

A repartición dos escanos da oposición no Parlamento galego cambiará sensiblemente con respecto ao que saíu das urnas nas anteriores eleccións autonómicas. Así, o PSdeG pasará a ser a terceira forza política en Galicia e, aínda que terá os mesmos deputados que En Marea, logrou 16.000 votos menos.

A formación do candidato Xoaquín Fernández Leiceaga perdeu 43.000 apoios en todas as provincias galegas, con respecto a 2012, e só logrou manter o número de escanos na Coruña. Así mesmo, tamén perdeu uns 91.000 votos con respecto ás xerais de xuño.

EN MAREA SUPERA A AGE PERO CAE DENDE AS XERAIS

No caso de En Marea (confluencia de Anova, EU, Podemos e 'mareas atlánticas'), logrou situarse como segunda forza, con máis de 270.000 votos, pero con moitos menos apoios dos obtidos nas xerais de xuño (344.143 votos).

Comparando os seus resultados cos de AGE, a súa coalición-xerme, En Marea logrou aumentar 5 deputados: dous máis na provincia de Pontevedra, e un máis na Coruña, Lugo e Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

23 balbino

Íncrible temos o narcopresidente para catro anos máis e o que máis lle preocupa a moitos é que o nacionalismo galego teña representación, quizáis o problema de que a Marea perdese 140.000 votos en menos dun ano sen desgaste de goberno é o pouco peso do nacionalismo, ate Feijoo e máis galeguista ( a súa maneira) ca eles e renuncia as siglas de Madrid, mentres os mareados pasearon os seus paracaidistas e inda temos que aguantar que Pablo Iglesias diga que En Marea e un partido de ámbito estatal, tanta historia para sacar 5 deputados máis que AGE, un sacanllo o Bloque e 4 O PSOE, así non se muda nada, a facer autocrítica de verdade que aquí nom sobra ninguén para sacar o PP.

22 eusi

De onde copia os textos GC? Dicir que o BNG matén o tipo cando perde un deputad@ é copiar os que din os medios que vós chamades "nacionais", mesmo vos esquecestes de traducir ao galego "magistrado"!!!! E do resto non quero opinar porque gomitar e escribir ao mesmo tempo é dificil.

1 Turple

Ti es un dos que máis quería que desaparecese o bng, porque non es nacionalista, es un bicho ruín. Nótase que estás queimado. Pois isto non fixo máis que comezar, en marea-podemos comezou o declive xa hai un tempo e vai no mesmo camiño que Upyd. E agora non creo que sexan tan hospitalarios coa morralla.

21 Ana

Xa avisei que a nai de frijol iase partir o cu na vosa cara

20 Fartodenaziocomunistasindepes

Ondiñas veñen, ondiñas veñen, ondiñas veñen e van, non te vaias rianxeira que te vas a marear. Esto va para los grandes adversarios políticos del PP y de España. Esos grandes contrincantes y grandes perdedores.

1 eusi

Eu sigo gomitando, enriba da m_rda dilaPPiladora dos nosos recursos.

19 Gamela

En Marea (14 deputados) Pero de que falan os CINCO da Marea en Madrid ??? MIGUEL ANXO FERNÁN-VELLO https://twitter.com/FernanVello (10 horas sen falar) // ÁNGELA RODRÍGUEZ (PAM) https://twitter.com/Pam_Angela_ (mellor se calara!) // ALEXANDRA FERNÁNDEZ https://twitter.com/aKollontai (10 horas muda) // YOLANDA DÍAZ https://twitter.com/Yolanda_Diaz_ (retwitteando) // ANTÓN GÓMEZ-REINO (TONÉ) https://twitter.com/tone_corunha (de vacacións)

1 eusi

E o bng segue en caida libre! Vós si que debeirades calar. Galiza pode agradecervos todo o que (non) facedes polo país. Desaparecede dunha p_ta vez porque sodes unha rémora para esta nación.