O alcalde de Pedrafita (Lugo), do PSOE, censura que no partido están "os mesmos sempre e os peores"

O alcalde de Pedrafita, o socialista José Luís Raposo, opinou que o PSdeG intentou "enganar á sociedade dicindo" que se renovaba, cando o que pasou, ao seu xuízo, é que no partido están "os mesmos sempre e os peores".

LUGO | 26/09/2016 | Actualizada ás 13:57 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O alcalde de Pedrafita, o socialista José Luís Raposo, opinou que o PSdeG intentou "enganar á sociedade dicindo" que se renovaba, cando o que pasou, ao seu xuízo, é que no partido están "os mesmos sempre e os peores".

"Se estivésemos os mesmos e os mellores, iso sería outra cousa", destacou, o día despois das eleccións nas que o PSOE galego obtivo o seu peor resultado nunhas autonómicas.

Ao respecto, o rexedor advertiu de que "este non é o camiño" e de que "estas non son as renovacións", en referencia ao proceso que viviu nos últimos tempos o PSdeG.

Raposo presume de gobernar no concello con mellores resultados dos socialistas na provincia, con máis dun 50 por cento de respaldo.

Este alcalde matizou que "hai algúns" -entre os que se inclúe- que levan tempo "facendo autocrítica", pero engadiu: "Unha cousa é facer autocrítica e outra cousa é criticarnos uns a outros e devorarnos uns a outros".

"EU XA ADVERTÍN O QUE ÍA PASAR"

"Este non é o camiño, isto non son as renovacións. Intentamos enganar á sociedade dicindo que nos renovamos e o que facemos é estar os mesmos sempre e os peores, porque si estivésemos os mesmos e os mellores iso sería outra cousa", expuxo.

Raposo aventurou que "haberá uns órganos de dirección que algún día terán que ver o que pasa". "Eu xa advertín desta o que ía pasar", puntualizou. "O que máis me doe é que hai asesores que che digan que estás equivocado", resolveu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta