Caballero vincula os "moi malos resultados" do PSdeG cos cambios nas listas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, vinculou este mércores os "moi malos resultados" do PSdeG nas eleccións do pasado domingo cos cambios introducidos nas candidaturas, singularmente na de Pontevedra.

VIGO | 28/09/2016 | Actualizada ás 15:02 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, vinculou este mércores os "moi malos resultados" do PSdeG nas eleccións do pasado domingo cos cambios introducidos nas candidaturas, singularmente na de Pontevedra.

Así o manifestou, en declaracións aos medios, ao ser preguntado pola súa posición na crise interna que sacode o PSOE. Caballero eludiu aclarar o seu apoiará ou non ao seu secretario xeral, Pedro Sánchez, pero avanzou que, na reunión do Comité Federal do sábado, falará "de Galicia".

A este respecto, o alcalde de Vigo recordou que, xa no seu día, expresou na executiva federal o seu desacordo cos cambios introducidos nas listas.

Os devanditos cambios supuxeron, entre outras cousas, que o sobriño do rexedor e cabeza visible do sector crítico do PSOE vigués, Gonzalo Caballero, ocupase o posto cinco por Pontevedra, considerado de saída. Non obstante, non entrará no Parlamento debido á perda dun escano por esta provincia.

Abel Caballero subliñou que, nesa cita orgánica, xa explicou "como se fixeran as listas, cambiando a decisión democrática dos militantes da provincia, e ignorando que (a súa proposta) tiña o apoio de 14 alcaldes que gobernan a 600.000 persoas e da presidenta da Deputación de Pontevedra".

"TOMAR DECISIÓNS"

O alcalde de Vigo tamén lamentou que preguntou "por que se cambiaran" esas listas e "ninguén" lle contestou. "No comité federal manifestarei a miña opinión sobre un proceso que nos conduciu a ter pouco máis do 17 por cento dos votos en Galicia", incidiu, e engadiu que ese é "un moi mal resultado" e "ante iso convén tomar decisións".

Finalmente e, malia a insistencia dos xornalistas, non se quixo pronunciar sobre as palabras de Pilar Cancela, presidenta da xestora do PSdeG, quen sinalou o "ruído" interno e a falta de respaldo ao candidato, Xoaquín Fernández Leiceaga, como factores a ter en conta na análise dos resultados.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta