A Comisión de Transparencia de Galicia cre que aínda se deben "superar obstáculos" o día do dereito á información

A Comisión de Transparencia de Galicia cre que aínda é necesario "superar obstáculos e dificultades" no día internacional do dereito ao acceso universal á información "cara á sensibilización dos axentes públicos nunha nova realidade".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2016 | Actualizada ás 17:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Comisión de Transparencia de Galicia cre que aínda é necesario "superar obstáculos e dificultades" no día internacional do dereito ao acceso universal á información "cara á sensibilización dos axentes públicos nunha nova realidade".

Nunha declaración institucional con motivo deste día, da que da conta o Valedor do Pobo, os integrantes desta comisión consideran "fundamental" que os cidadáns accedan aos datos públicos das súas administracións e poidan "participar, dun xeito efectivo, na configuración das políticas que os afectan".

Ao respecto, sostén que as administracións públicas "deben asumir con responsabilidade as súas obrigas de difusión activa da información pública" e responder ás solicitudes da cidadanía para "un cambio de actitude" que "incremente notablemente a calidade democrática".

Así, a Comisión de Transparencia de Galicia avoga por unha "auténtica cultura da transparencia", nunha dobre vertente: a proactiva (a obriga dos organismos públicos de dar a coñecer información) e a reactiva (o dereito dos cidadáns a solicitar aos empregados públicos calquera tipo de información).

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta