Detido un home en A Coruña tras roubar 66 zapatos do mesmo pé valorados en máis de 3.000 euros

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron en A Coruña a un home, veciño desta cidade e con máis de 25 detencións anteriores, como presunto autor do roubo de 66 zapatos, do mesmo pé e valorados en máis de 3.000 euros, nunha tenda comercial do centro.

A CORUÑA | 28/09/2016 | Actualizada ás 17:41 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron en A Coruña a un home, veciño desta cidade e con máis de 25 detencións anteriores, como presunto autor do roubo de 66 zapatos, do mesmo pé e valorados en máis de 3.000 euros, nunha tenda comercial do centro.

Segundo informa a Xefatura Superior de Policía de Galicia, o home, de 34 anos, foi detido o pasado 21 de setembro como presunto autor do roubo, acontecido o 4 deste mesmo mes, nunha zapataría situada no centro da cidade.

Para iso, forzou o sistema de peche de vidreiras dos escaparates, desmontou os vidros e sacounos das súas ancoraxes. Deseguido, sacou do escaparate un panel expositor. Ademais fracturou varias baldas de vidro.

DANOS POR 300 EUROS

En total, apoderouse de 66 zapatos que había no expositor, todos eles do mesmo pé, e marchou do lugar. No interior do almacén quedaron os correspondentes pares do outro pé que levara o asaltante.

Na súa denuncia, o prexudicado valorou en máis de 3.000 euros os zapatos roubados e os danos ocasionados en máis de trescentos euros. Tras a súa detención, o home pasou a disposición xudicial.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta