Médicos interinos advirten ao Sergas contra os despedimentos tras o fallo europeo a favor dos temporais

A Asociación de Médicos Interinos de Galicia (Asmig) advertiu ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) de que terá que modificar drasticamente" a súa política laboral tras a sentenza do Tribunal Europeo de Xustiza a favor do persoal temporal.

A CORUÑA | 29/09/2016 | Actualizada ás 15:02 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Asociación de Médicos Interinos de Galicia (Asmig) advertiu ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) de que terá que modificar drasticamente" a súa política laboral tras a sentenza do Tribunal Europeo de Xustiza a favor do persoal temporal.

Ao respecto, recordan que esta sentenza "supuxo unha irreversible vitoria das teses máis avanzadas en materia de equiparación de condicións laborais entre persoal fixo e interno".

Así o destaca Asmig nun comunicado, no que aposta por que o Sergas modifique a súa política para buscar "unha consolidación progresiva do colectivo de médicos interinos, sobre todo os pre-95".

Nese sentido, Asmig considerará "como un despedimento non xustificado a retirada dun interino do posto de traballo que levase desenvolvendo" durante os últimos anos e a non incorporación inmediata a outro posto de traballo de similares características".

CONSECUENCIAS ECONÓMICAS

Por iso, explican que deron as ordes pertinentes ao bufete profesional que defende o seu intereses para que "redacte unha denuncia tipo, en previsión de que haxa que tomar medidas nos próximos meses, como consecuencia da entrada en vigor do novo listado de contratacións".

Asmig advirte ao departamento de recursos humanos do Sergas acerca das "consecuencias económicas" de decisións "pouco desexables" nese sentido, polo que lle suxire un "achegamento de posturas".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta