Losada mete ao PSOE nun berenxenal

O alcalde da Coruña, Javier Losada, acaba de meter ao seu partido nun berenxenal e, segundo algúns dirixentes socialistas, "entrou de cheo na trampa que lle tendeu Carlos Negreira"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/09/2009 | Actualizada ás 01:38

Comparte esta noticia

"E se é normal,  porque carallo levamos días defendendo o contrario e poñendo a parir a Negreira por resucitar un debate morto?", apunta un deputado socialista. "Resulta que agora somos nós os que metemos ese debate na axenda política para desgracia nosa", engade. E é que moitos dirixentes desaproban as declaracións de Losada e tampouco aproban a defensa que fai o propio Pachi Vázquez. "Tivo que saír na súa axuda para non desautorizalo pero a verdade é que nos metemos nunha boa".

Agora, no PSdeG, temen que o PPdeG utilice as declaracións de Losada, e as do propio Pachi Vázquez, para utilizalas como arma política e desviar a atención sobre outros temas de máis calado político. Tamén se albiscan reaccións por parte do Bloque quen xa amosou en público a súa disconformidade coas declaracións de ambos os dous políticos socialistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

33 coruñés

Ese tampouco era porque tí sumábaste ó teu propio reproche. Da igual esquéceo.
Colle un mapa de España no 1990, completo eh?, mira a toponimia galega e verás que o feito en Galicia non ten nome, pois calquera atisbo de galego foi borrado do mapa dos topónimos oficiais, en mapas, concellos, correos... etc... disto é do que falo, desta barbaridade que moitos cando se cometeu consideraron normalidade, e loitan agora por restituir formas que nunca se deberon traducir das orixinais.

32 miguel

"Parece coma se a tí tampouco che gustase moito que existisen persoas que non pensan coma tí…" "coruñés" ese tampoco te delata. Y, de paso vuelves a confundirte en tu verborrea. A mi me parece muy bien que exista, reconocido en todos cuantos organismos sea necesario, el topónimo en gallego pero digo y repito que debería reconocerse en castellano.

31 Clariño

Por completar o traballo, acabo de facer unha consulta ao Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega do Instituto da Língua Galega (USC), que como o seu nome indica, recolle textos medieváis en galego e permite facer buscas de verbas que aparecen neses textos. Pois ben, resulta que para a busca "Coruña" aparece esta verba en tres casos:

un Coruña en 1465
dúas veces a verba Coruña en textos 1485

E para a voz Cruña, aparecen

12 casos con esta verba no século XIII
16 no XIV
22 no XV

Para a busca Crunna:

7 veces no século XIII
65 no XIV
29 no XV

Amigos todos, se o nome en galego da miña cidade non é Cruña, o mesmo que lembro eu de cativo, veña deus e o vexa. Salvo mellor opinión, creo que os números cantan e amosan que esto de "A Coruña" é un castrapo que alguén deu en inventar misturando o castelán "Coruña" co artigo galego "A".

30 Aymimadre

Eu non insultei a ninguén, chameille ós paletos polo seu nome. Nada máis, chamádelle como quierades, eu seguirei indo á Coruña cando me pete e deixareille o La La La para quen o canta mellor...Paco o Paleto.

29 Clariño

E por se aínda non estivese claro de todo, acabo de facer unha busca no CODOLGA (Corpus Documentale Latinum Gallaeciae):

Para a busca Crun* atopo 81 casos en 72 documentos: é maioritario con 46 casos Crunia (ou sexa Cruña), 22 casos con Cruniam (da mesma Cruña), 9 Crunie (da mesa Cruña), 1 Cruniensis (da mesmísima Cruña), 2 Cruna (idem) e 1 Crunna (id. de id.).

Para as buscas Corun*, Corugn* : cero casos en cero documentos.

Amigo Coruñés, home... penso que as probas din que en galego era a Cruña, pero vamos, sen dúbida.