Losada mete ao PSOE nun berenxenal

O alcalde da Coruña, Javier Losada, acaba de meter ao seu partido nun berenxenal e, segundo algúns dirixentes socialistas, "entrou de cheo na trampa que lle tendeu Carlos Negreira"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/09/2009 | Actualizada ás 01:38

Comparte esta noticia

"E se é normal,  porque carallo levamos días defendendo o contrario e poñendo a parir a Negreira por resucitar un debate morto?", apunta un deputado socialista. "Resulta que agora somos nós os que metemos ese debate na axenda política para desgracia nosa", engade. E é que moitos dirixentes desaproban as declaracións de Losada e tampouco aproban a defensa que fai o propio Pachi Vázquez. "Tivo que saír na súa axuda para non desautorizalo pero a verdade é que nos metemos nunha boa".

Agora, no PSdeG, temen que o PPdeG utilice as declaracións de Losada, e as do propio Pachi Vázquez, para utilizalas como arma política e desviar a atención sobre outros temas de máis calado político. Tamén se albiscan reaccións por parte do Bloque quen xa amosou en público a súa disconformidade coas declaracións de ambos os dous políticos socialistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

28 Clariño

Comezo por dicir, ou por apostar a que non serás perdedor. Eu si porque non se vai aceptar, como creo, que a forma galega é Cruña, sen artigo, ou co artigo en minúscula. Porque diga o que diga Feijóo eu aposto a que non cambia a lei de Normalización Lingüística, que a Feijóo pasoulle o que a ningún presidente da Xunta: que nada mais e nada menos que a RAG lle dera un toque por boca do seu presidente... (que é moi forte).

Pero seguindo polo que a min me interesa, que non é outra cousa que tentar demostrar que o topónimo galego, o xenuino, non é Coruña, senón Cruña, teño a man a Historia de La Coruña de Miguel González Garcés (pai), que se na parte histórica é na miña opinión millorable, nas transcricións de documentos non creo que haxa un paleógrafo mellor e un repertorio de documentos medievais en galego que sexa mellor.

Collo os documentos escritos en galego e verás como non aparece Coruña e si Cruña, sexa con esta forma ou Crunna:

-1282: subarrendo ao mosteiro de Sobrado a Martín Pérez de varias viñas, etc.

...Martín Perez de Sanctiago vizino e morador da Crunna... Et por est ser certo fazemos ende fazer duas cartas partidas per a.b.c. feitas por Martín Perez notario da Crunna... Eu Martin Perez notario publico del Rey na Crunna...

-1294: Constitucións dunha confraría de cregos redactadas na Coruña.

...dos Clerigos que agora son en a vila da Cruña... retor da igrexa de Santiago da Cruña... si non fosen atra tanto que bier a Cruña... que todos los clérigos que fueren na vila da Cruña.

-1336: diligencia de traslado de un documento escrito en castellano, diligencia que aparece en gallego.

Eu Garçia Lourenzo de montaos notario del Rey na Crunna... et por mandado e autoridade de Rodrigo Affons de villabona, alcayde da Crunna.

-1344: acordo do Concello da Coruña.

Sabam quantos esta carta uiren que nos, Conçello da Cruña... con Johan Gonzales, Alcaide enna dita villa da Crunna...

-1388: Diego Pérez fai dexación do oficio de Adiantado antes de entrar na Coruña.

agora de y a yr aa villa da crunna... en a dita villa da crunna... estouese na dita villa da crunna...

-1395-1396: acta de compromiso entre o Concello da Coruña e Martín Becerra.

...entre nos, o Conçello et Alcallde et Jurados et omes boos da villa da Crunna... he do couto et termjno da dicta villa da crunna... en no couto da crunna... do alcallde da crunna... en o couto da crunna... et uoces et encoutos ao alcallde da crunna... dentro en o couto da Crunna... vila da crunna... ruy martis da crunna... alcayde da crunna... en a dicta vila da crunna... en a dicta vila da crunna... Conçello da dicta vila da Crunna... vezinnos da dicta vila da crunna... da crunna... et do alcallde da crunna... do couto da crunna... ao alcallde da crunna... o Alcayde da crunna... dicto couto da crunna... et Alcayde da crunna... Alcayde da crunna... couto da crunna... vila da crunna... vila da Crunna... alcayde da Crunna... couto da Crunna... vila da crunna... Alcallde da crunna... vila da crunna... vila da Crunna... alcallde da crunna... alcallde da crunna... villa da crunna... conçello da crunna... vila da crunna... Alcalyde [sic] da crunna... alcallde da crunna... couto da crunna... couto da crunna... Alcayde da crunna...


Podo seguir con mais documentos, pero non atopo esa Coruña nos documentos escritos en galego dos séculos XIII e XIV aos que te refires, e si é constante a presencia de Cruña.

Outro saúdo.

27 coruñés

Eu na miña vida privada tamén teño dito la coruña, e londres, e pekin, e bombai e munich. Mais os topónimos oficiais entendo que en Galicia deben ser os orixinais, isto é a forma galega.
Que a castelanización de A Coruña foi hai moito tempo, claro que sí, A Coruña foi vila de realengo e os notarios de castela tíñana castelanizado o topónimo fai séculos. Mais calquera que viñese á Coruña no XIV-XV XVI XVII vería que os cidadáns da Coruña moi castelán-falantes non eran e ese topónimo traducido non o usarían moito. Tamen a forma Londres ten siglos de historia.
Coruña aparece no "El idioma gallego" en textos do XIII e XIV en documentos xerados na cidade en galego, é forma medieval, que convive con Cruña.
Non hai reglas nin leis na filoloxía?, cando dixen iso?, dixen todo o contrario, hai milleiros de reglas e leis para organizar o caos de diasistema que é unha língua coas súas variedades linguísticas, isoglosas para cada verba, variedades fonéticas... uff. A política é básica na formación das línguas, pois unha língua faise de estado e é escrita pola administración dese estado, o dialecto da capital convírtese en standard, na forma culta e arbitrariamente tódolos demáis convírtense en "vulgares". A poboación é analfabeta, e os poucos que escriben fano nas poucas formas cultas, se non unha só, que existen e que se transmiten de persoa a persoa. Os estados autoritarios renacentistas e as reformas relixiosas fixaron as primeiras normas de castelán, italiano florentino, francés,portugués, inglés ou o alemán. E o resto das línguas de europa, todas comezaron o seu devalo, algunhas sendo línguas de reinos medievais coma o caso do galego.
Non concordo con que Paco Vázquez apoiase a forma A Coruña. Paco usou exclusivamente La Coruña, e cando foi obrigado a usar a forma A Coruña tardou en fixala no concello, ata que con denuncias crea a forma Ayuntamiento de la coruña/Concello de la coruña. Nunca cambiou as formas de topónimos deturpados no rueiro, onde lembremos está castelanizado ata o premio nobel Vicente Aleixandre que é en curuñés Aleijandre non vaia ser. No meu barrio houbo contacontos en castelán e inglés, mais nunca puden levar a meu fillo a unha actividade en galego nos tempos de Paco Vázquez. Por suposto todo o que ves no concello da Coruña debémosllo a el, que non aplicou a lei de normalización no concello onde a cada persoa se lle atende na súa língua e a oferta é inicial en galego. Se no parlamento apoiou o cambio provincial sería unha anécdota e para non dar o cante nunha decisión que se aprobaría de igual xeito. Gastou millóns en bufetes para recurrir ó constitucional, ou non nos lembramos clariño?. Paco foi un conseguidor grazas a ser o referente do PSOE en Galicia con González e beneficiou a cidade, máis culturalmente o seu goberno foi nefasto, e daquelas chuvias, temos estas lamas...
Por último o PP e o PSOE opinan unha cousa e a nivel autonómico outra. E quen cambia de parecer por unha presa de votos e non por unha idea fundamentada, sexa cal sexa e teña a aceptación que teña é un veletas, e a min persoalmente prefiro a coherencia, inda que sexa a coherencia do perdedor.
Un saúdo.

26 Clariño

Mira Coruñés, concordo en bastante do que dis, aínda que que, se como dis, en filoloxía é todo artificio e non hai regras nin leis (paréceme un pouco esaxerado, ¿non?), e o seu estudo é o estudo dos artificios impostos pola Academia de turno, tan válido é que Cruña sexa o topónimo galego, como sego a crer porque ten unha tradición constante desde a idade media até que eu era cativo, tan válido como que se acepte a forma La Coruña en castelán, ou tan válido como o normativo A Coruña. No fondo é unha decisión política na que pouco ten que dicir a RAG. Porque a RAE di todo o contrario, que debe preferirse La Coruña, a non ser que os falantes véxanse obrigados por motivos legáis a usar o nome oficial. E parece que Losada cando anuncia o que anunciou é que non é moi impopular a medida, senón todo o contrario.

Por outra banda, non teño a man "El idioma gallego" de D. Antonio de la Iglesia, pero gustaríame coñecer se esa Coruña que atopas nos documentos escritos en galego están en realidade escritos en galego na súa totalidade, ou corresponden a textos tardíos nos que usan unha mistura de galego e castelán; se eses documentos que atopas son tardíos (e polo tanto coa posibilidade de que estivesen contaminados coa influencia do castelán), ou corresponden aos documentos galegos mais antigos. Bótome á piscina sen auga e aposto a que os documentos medievais nos que aparece a forma Coruña corresponden aos mais tardíos, ou a aqueles nos que se mistura galego e español (tardíos tamén).

E insisto en que non é o mesmo defender Haciadama que defender La Coruña, que sen menoscabo da primeira, a forma La Coruña ten tras si unha cultura escrita de hai moitos séculos. E tentar solucionar un problema a golpe de boletín oficial equivale a non resolver nada cando non se resolve o problema de fondo, e tras 28 anos, o problema está aí, e da votos...

Eu acepto o topónimo oficial en todos os ámbitos oficiais. Outra cousa é que na miña vida privada use La Coruña, Lacoru, Marineda, ou o que me dea a gana, sen que teña que vir ninguén a abuchararme por facer tal cousa, que ninguén pode prohibir o que a lei non prohíbe, e non se sabe dunha lei que prohíba aos que se chaman oficialmente Jose, que na súa vida privada poida usar Pepe.

A min preocúpame moito mais que eu chame á policia local, e nin unha nin dúas veces, teña que escoitar con sorpresa que me colla o teléfono alguén que me di: "Policía Local de La Coruña..." ¿Pero onde se cren que están? Se o nome oficial é ese e non lles gusta, fora do traballo que fagan por mudalo, pero no traballo teñen que cumprir coa lei e usar o nome oficial. Non protestei porque total...

E tamén me preocupa o pouco apoio e uso, e até a minusvaloración que ten o galego no Concello da Coruña, que tamén coñezo o caso de chamar a unha dependencia municipal, dirixirme a eles en galego, e que me resposten en español... ¿Onde lles aprenderon educación, cortesía, boas formas...?

Por último, contra o que din agora os do PSOE, teño que dicir que o PSOE coruñés e Paco Vázquez en particular apoiou o nome A Coruña. Cando se votou no Congreso o cambio de nome das provincias que até entón se chamaban Orense e La Coruña, por Ourense e La Coruña, Paco votou a favor dese cambio (que o lembro moi ben) e no PSOE coruñés ninguén dixo nin mu.

25 anonimus

Xa saiu "a mesa" a pedirlle ao psoe que non lle entre o xogo ao pp,pois non sei de que xogo falan,se todos temos asumido A Coruña,non sei que problema teñen con que tamen se asuma o termo La Coruña... e un debate xa vello e anticuado e se o psoe o sacou será por algo,¿probablemente as malas enquisas que teñen?

24 coruñés

Ten en conta Miguel que non foi unha decisión dos malvados nacionalistas que o topónimo fose A Coruña.
De feito está refrendado polo tribunal constitucional, seguramente os do tribunal constitucional son todos do bloque.
Que hai xente que querería o topónimo en castelán tamén, ou exclusivamente en castelán.. pois claro que sí..e ata hai xente que o prefire tal e como está. Eu non vin 100000 coruñeses na rúa cando se puxo A Coruña, e sí que os vin cando o conflito da capitalidade por exemplo. Parece coma se a tí tampouco che gustase moito que existisen persoas que non pensan coma tí....