Temas: SUBVENCIóNS

A Xunta non pode adxudicar concursos cun goberno en funcións

Feijóo confirma que o seu goberno non pode realizar compromisos de gasto, aínda que si dar inicio a expedientes ou proxectos. Turismo de Galicia adxudicou estes días unha campaña de promoción dos recursos naturais e culturais de Galicia durante os meses que restan de 2016 .

Por Xurxo Salgado | Compostela | 06/10/2016 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

A Xunta non pode realizar adxudicacións e, polo tanto, repartir o diñeiro público dos galegos, mentres o goberno estea en funcións. Así o certifica un informe realizado polo Servizo Xurídico do Goberno galego e que foi encargado polo propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para dar cumprimento á Lei de Transparencia e Bo Goberno da Xunta.

Alberto Núñez Feijóo
Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Conchi Paz.

“A Asesoría Xurídica da Xunta está facendo un ditame para interpretar esa lei, que é a primeira vez que o imos facer tendo en conta que non houbo un cambio de goberno. Espero que no próximo consello teñamos esa instrución para orientar as decisións do goberno”, dicía o pasado xoves o xefe do Executivo galego en funcións.

E unha semana despois ese ditame xa foi realizado e é concluínte; non se poden realizar adxudicacións mentres o goberno estea en funcións. “Non se poden facer compromisos de gastos, pero si dar inicio a expedientes ou proxectos”, aclarou Feijóo.

Sen embargo, a Xunta adxudicou nos últimos días varios concursos públicos de campañas de publicidade por valor de 1,1 millóns. Algúns deles, segundo informa a Secretaría Xeral de Medios, forman parte de programas marco e, polo tanto, xa tiñan fixado e fechado o orzamento con anterioridade.

Campaña de Turismo de Galicia

Con todo, hai outros, como un de 365.216 euros –sen IVE-- de Turismo de Galicia para a elaboración, produción e plan de medios da campaña de promoción dos recursos naturais e culturais de Galicia durante 2016 que se adxudicou cun goberno en funcións. GC púxose en contacto con este departamento para que lle facilite información ao respecto e así o confirmou.

Este contrato foi adxudicado xa a Proximia Havas. Esta mesma empresa foi a encargada de executar o mesmo tipo de contrato ata este outubro, pero por un montante total de 2,33 millóns de euros. O novo concurso que acaba de gañar é para executar nos tres meses que resta do ano. En total, esta empresa xestionou ou xestionará case 2,7 millóns de euros, a maior parte do cal irá a parar aos grandes grupos mediáticos.

Sobre este tipo de concursos, e preguntado ao respecto por GC, Feijóo suliñou que non tiña información de que se teña adxudicado ningún cun goberno en funcións. “Quizais sexan algúns xa abertos e pendentes de adxudicación de antes”, indicou.

Temas: SUBVENCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

tampouco poden adxudicar unha vivenda social a VERÓNICA ? Pero sí poden vender os pisos de propiedade municipal sen que niguén diga nada!!! https://youtu.be/bz4SOgoLjYg

2 pincho

Xa volvemos a normalidade, xa temos os procesos dos GDR pragados de irregularidades cociñadas por Agader , consentidas pola Conselleira e executadas por un alcalde trepa,senon véxase o do Deza. Galicia volve o de sempre así da gusto.

1 Gamela

Vigo non é onde habita o presidente da Xunta ? https://youtu.be/vILF15aY13I