Amancio Prada ofrece en Muxía un concerto benéfico coa Coral Polifónica Virxe da Barca

A voz e a música de Amancio Prada soarán o domingo 23 de outubro no santuario de Nosa Señora da Barca, na localidade coruñesa de Muxía, no marco dun concerto benéfico para a posta en valor deste ben patrimonial no que estará acompañado pola Coral Polifónica Virxe da Barca.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2016 | Actualizada ás 20:22 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A voz e a música de Amancio Prada soarán o domingo 23 de outubro no santuario de Nosa Señora da Barca, na localidade coruñesa de Muxía, no marco dun concerto benéfico para a posta en valor deste ben patrimonial no que estará acompañado pola Coral Polifónica Virxe da Barca.

O espectáculo, que conta co apoio da Consellería de Cultura, se concibe como unha homenaxe musical dos veciños do santuario de Muxía, cun repertorio que inclúe temas como 'Romaxe de Nosa Señora da Barca', incluído na discografía de Amancio Prada.

A través dun comunicado, a Xunta indicou que Amancio Prada "destaca pola súa contribución á difusión da lingua e a cultura galegas" ao longo dunha traxectoria musical de máis de 40 anos, nos que puxo música a autores referentes como Rosalía de Castro ou Álvaro Cunqueiro.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta