Temas: ECOLOXíA

Nace unha nova editorial en galego especializada en ecoloxía e economía social

Catro Ventos Editora presentase mañá martes. Trátase dunha nova editorial con sede en Vigo que xorde co obxectivo de traducir obras relacionadas coa economía social e solidaria, a ecoloxía e o ambiente, o decrecemento, o consumo responsable, a soberanía alimentaria, os dereitos humanos en xeral e a pedagoxía e crianza respectuosas.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 10/10/2016 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

Organizada a través dunha sociedade cooperativa sen ánimo de lucro, a iniciativa está centrada centrada na publicación en galego de traducións e obras de creación propia.

Antón Vidal, presidente da Editorial Galaxia, canda os promotores de Catro Ventos Isidro Dozo Valladares, Marietta Fiz, Miguel Braña e Alicia Malga
Antón Vidal, presidente da Editorial Galaxia, canda os promotores de Catro Ventos Isidro Dozo Valladares, Marietta Fiz, Miguel Braña e Alicia Malga

Os promotores din que a idea deste proceso editorial nacido en 2015 e materializado en xuño de 2016 foi "consecuencia da combinación de dous elementos igual de importantes: o desexo de poder desenvolver unha actividade profesional que non só sexa viable economicamente, mais tamén coherente cos principios éticos das persoas socias que participamos no proxecto".

Na súa opinión, existe un baleiro no mundo editorial galego nos ámbitos da economía social e da ecoloxía, malia o interese cada vez maior por estas cuestións na sociedade en xeral.

Até o momento, Catro Ventos ten publicados os seguintes títulos: Transición ecolóxica, 

A ruta dos refuxiados é Mañá, un documental publicado en España por Karma Films para o cal a editorial se encargou da tradución dos subtítulos en galego. O evento de presentación será a partir das 20  horas no Espazo Nido olívico. 

Temas: ECOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Montesío

Boa sorte!

1 Manuel González Garrido

Felicidades e nora boa.Tócabos a vós mudar o mundo dende a cultura e o coñecemento