Cal vai ser o papel de Leiceaga no futuro Grupo Parlamentario do PSdeG?

Algúns críticos queren que, como Pilar Cancela, asuma os malos resultados do 25S e deixe paso a outra persoa como portavoz parlamentario, a pesar de ter sido confirmado pola dirección provisional galega. A xestora de Ferraz podería acabar intervindo en Galicia o que provocaría unha nova crise interna no PSdeG.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 14/10/2016 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

A crise interna que vive o PSdeG non só pode levar por diante a actual xestora e a súa presidenta, Pilar Cancela, senón tamén ao actual voceiro parlamentario e candidato deste partido nas pasadas eleccións galegas, Xoaquín Fernández Leiceaga.

Leiceaga comparece con algúns deputados e parte do seu equipo de campaña
Leiceaga comparece con algúns deputados e parte do seu equipo de campaña | Fonte: EP

Nos últimos tempos, distintos sectores do PSdeG, sobre todo os críticos de Pontevedra e Ourense, con Abel Caballero, Carmela Silva e Pachi Vázquez á cabeza, teñen pedido a renuncia de Cancela con insistencia e tamén a de Leiceaga. Unha renuncia que a presidenta da xestora xa descartou, igual que descarta a de Leiceaga, a quen acaba de confirmar no cargo facendo oficial o seu nomeamento como voceiro parlamentario. Unha decisión que abre unha nova fronte no socialismo galego e a posibilidade de que interveña a xestora provisional de Ferraz.

Esa posibilidade colle máis forza logo de que o sector crítico teña mantido distintas xuntanzas, a última hai uns días no bar Paz Nogueira de Santiago, na que se volveu falar do futuro do PSdeG e tamén do Grupo Parlamentario. Ata entón, a figura Leiceaga non era tan discutida como a de Cancela pero, nos últimos días, hai quen opina, dentro dese sector crítico, que o candidato nas pasadas eleccións tamén debería dar un paso atrás, sobre todo, logo da confirmación da xestora galega como voceiro parlamentario.

Segundo as fontes consultadas, se Cancela insiste en non dimitir podería intervir a xestora de Madrid para cesala, nomear unha nova e convocar un congreso e as primarias para elixir o futuro secretario xeral, que é precisamente, para o que foi nomeada a actual xestora galega. E chegados a este punto, hai quen tamén pide que Leiceaga “se aparte”  "ou sexa apartado" para deixar paso a outro voceiro parlamentario afín a nova dirección.

FERNÁNDEZ LAXE, AVISA

De feito, o ex presidente da Xunta, Fernando González Laxe, xa dixo en público o que moitos críticos pensan en privado, que tanto Cancela como Leiceaga deben poñerse "a disposición" da nova dirección política do partido unha vez se elixa porque "sempre haberá alguén" con aptitudes para lidererar o partido.

Xoaquín Fernández Leiceaga e Pilar cancela, do PSdeG, presentan dez medidas económicas para Galicia
Xoaquín Fernández Leiceaga e Pilar cancela, do PSdeG, presentan dez medidas económicas para Galicia | Fonte: PSdeG.

"No PSOE, afortunadamente, sempre emerxen persoas que se creen capacitadas, a maior parte delas con niveis de cualificación altos, o que non significa que logo sexan eficientes no ámbito político", dixo este martes.

Sen embargo, polo momento, nin Cancela, nin Leiceaga teñen pensado apartarse. Ademais, no Grupo Parlamentario a situación é complicada para os críticos xa que a maior parte dos deputados elixidos son afíns ao voceiro parlamentario. Só catro poderían estar aliñados co sector de Caballero e Vázquez. Pero os críticos din que poden ser moitos máis e mesmo chegar á maioría. “Nós últimos días hai moita xente que cambiou de opinión sobre moitas cousas”, advirten.

O FUTURO VOCEIRO PARLAMENTARIO

Outro problema que teñen os críticos é quen será o rival de Leiceaga no Grupo Parlamentario do PSdeG. O único que podería ocupar este posto por experiencia política sería Abel Losada, o home de Abel Caballero na Cámara, que xa exerceu de voceiro na pasada lexislatura. Sen embargo, o propio Losada non é partidario de dar un “golpe de estado” e agarda que sexa Leiceaga o que se aparte.

Polo momento, a situación dentro do PSdeG segue sendo de tensa calma á espera do que aconteza en Madrid. “Primeiro hai que resolver o que vai a acontecer no Congreso e despois xa se solventará o de Galicia”, apuntan as fontes consultadas. Por iso, os dous bandos preparan xa as estratexias de cara a ese novo enfrontamento interno que se pode dar nas vindeiras semanas.

Abel Losada e Abel Caballero
Abel Losada e Abel Caballero | Fonte: vigoalminuto.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Gamela

No PSOE resucitan os mortos ! González Laxe falando de que as persoas CAPACITADAS non son boas para liderar o partido dos socio-listos !!! Manda carallo ! Claro que en Vigo temos un caudillo que traballa moi ben, pinta paredes mentras os nenos non comen !!! https://youtu.be/bIIgqEopXMw

2 Cal vai ser

Orientar a Billares, o outro cambiapartidos, que aínda non está moi curtido. Os dous foron da man no dewáter lendo o papeliño co pograma eleutoral.

1 sociadero e inmundicia

O único papel que pode xogar o Leitugas e si traizoa a todos os que o defenden e vaise por de xeonllos ante a duquesa de andalucia ... que aprenda do xuiz Villano que foi a postrarse de xeonllos na televisión de Vallecas ante Monedeuros de podreiros... soamente queda a xenuflexión o entregacionismo, claro que Leitugas sabe moito desto... pero que moito...

1 Comunista

Claro, claro,... moito falar de "postrarse de xeonllos" e tal, pero aquí os únicos que tedes uns acredores españois aos que debedes unha chea de "moned€uros" sodes os sipaios 2.0 do BnG. XDDD.

2 Comunista do BCE

Choví Chová pero segues con esas se o BNG xa está pagando case todo. A vós condonáronvos a IU os pufos ainda que houbo embargo da seguridade social. Quen pagou a campaña de AGE?