Galicia e Portugal logran vender fóra a primeira serie que producen xuntos

A primeira serie de ficción producida a medias entre a TVG e a RTP, a emisora pública de Portugal, xa está en rodaxe. Vidago Palace ten un custe "moi importante" pero xa conseguiu ser mercada para emitirse en Italia e Polonia. Os actores falarán dous idiomas e, a pesar de ser moi romántica, abordará o golpe de Estado do 36.

Por Galicia Confidencial | Chaves | 12/10/2016 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

O argumento está ambientado no 1936 no Vidago Palace, un hotel de luxo moi preto de Chaves, ao carón da fronteira con Verín. Malia ser unha serie romántica con toques do Romeo e Xulieta de Shakespeare, os produtores prometen facer un repaso dos acontecementos daquela Xogos Olímpicos de Berlín, coa Guerra Civil española e coa inauguración do campo de golf de Vidago.

Rodaxe de Vidago Palace
Rodaxe de Vidago Palace | Fonte: portocabo

Financiada con cartos públicos dos dous países, a mini serie está realizada pola produtora lusa Hop! e a galega Portocabo. Os directores e creadores da serie son Henrique Oliveira, da parte lusa, e Alfonso Blanco, da parte galega. 

A rodaxe arrancou este mes de outubro e novembro e as televisións queren rematala en xaneiro ou febreiro de 2017. Cun importante custe financeiro, que os produtores non concretaron publicamente aínda, a serie parece que arranca con bo pé.  A produtora galega Portocabo di que xa conseguiu vender a serie de seis episodios (cada episodio ten 52 minutos) a unha canle italiana (RAI) e a unha televisión polaca.

A RTP informou que o idioma da serie ten como base o portugués, mais tamén vai haber moi galego, ata porque unha parte da historia pasa na Guerra Civil e, por iso, vai haber actores galegos a falaren galego.

O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, que visitou este luns a rodaxe, admitiu que a aposta é “economicamente moi importante” e ademais céntrase nun negocio case inédito no país, a coprodución de ficción televisiva internacional.

Sánchez Izquierdo na rodaxe de Vidago Palace
Sánchez Izquierdo na rodaxe de Vidago Palace

“Vidago Palace” narrará unha historia de amor no espectacular ambiente do luxoso hotel e balneario aberto en Vidago a comezos do século XX para acoller ao máis selecto da sociedade europea. Así, gran parte do argumento transcorre nos diversos espazos do hotel -que aínda funciona hoxe en día como establecemento de cinco estrelas- a finais dos anos 30 do século pasado. 

Ademais do hotel, a rodaxe ten lugar tamén en espazos naturais tan ricos coma os bosques circundantes, a zona da fronteira entre Galicia e Portugal e as proximidades de Verín, onde o protagonista ten as súas raíces galegas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Españolistas dades noxo

Chamarlle galego ao que falan os actores subvencionados pola TVG ten mérito. Por outra banda, ten sentido que se aclare o que queren decir estes iletrados para que os portugueses entendan. Tería máis sentido poñer un galego de verdade, pero na TVG cisman.

1 Hermerico

Já estamos, dous idiomas, português é portunhol, e legendarám o português em castrapo. Nojo