Homenaxean a Camilo Nogueira no seu 80 aniversario

No acto participarán os catro voceiros da Cámara galega; X. F. Leiceaga, Ana Pontón, Pedro Puy e Luis Villares.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/10/2016 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

Camilo Nogueira, ex deputado galego, ex eurodeputado e líder de Esquerda Galega será homenaxeado polo seu 80 aniversario. Unha homenaxe que terá lugar o 11 de novembro, no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela e estará conducido pola xornalista Fernanda Tabarés, Manuel Rivas e Suso de Toro.

Camilo Nogueira
Camilo Nogueira | Fonte: Xerais

Actuarán Uxía e os grupo "Tundal" e "Pardal na rúa". Entre outros, falarán tres mulleres que teñen relación con algúns momentos da súa vida pública: Pencha Santasmarinas, Ana Gandón e Ana Miranda. E tamén os portavoces dos grupos políticos presentes no Parlamento: X. F. Leiceaga, Ana Pontón, Pedro Puy e Luis Villares.

A Comisión Promotara desta homenaxe xa ten unha páxina na rede social de FB na que informa da mesma e do homenaxeado. “Camilo Nogueira Román, Camilo, é un patrimonio deste noso país e fillo das súas mellores tradicións. Enraizado pola súa orixe familiar no galeguismo republicano vigués encarna tamén as novas xeracións que retoman e refundan o nacionalismo galego desde a esquerda nos anos sesenta e setenta”, apunta.

“En Camilo vemos un home eu político construtor do presente de autogoberno e benestar. Unha figura da nación que encarna pensamento crítico, tolerancia, diálogo, apertura sempre ao tempo que nos toca vivir e tamén unha firmeza nas conviccións que atravesa toda unha vida fecunda”, engade.

Intensa actividade política e sindical

Nogueira formou iniciou a súa actividade política e sindical en Galicia Socialista, un grupo que daría orixe ao sindicalismo nacionalista galego e que acabaría fusionándose coa Unión do Povo Galego en 1971. Participou na fundación da Asemblea Nacional Popular Galega-Tamén estivo implicado na creación do Partido Obreiro Galego (POG) en 1977, do que é un dos seus líderes, e que logo se refundou como Esquerda Galega (1980), un partido nacionalista de esquerdas que chegou a conseguir un deputado nas Eleccións Autonómicas de 1981 (as primeiras eleccións ao Parlamento de Galicia). Nesta época, Nogueira participou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Esquerda Galega fusionouse co Partido Socialista Galego e ambos acabarían integrándose no Bloque Nacionalista Galego co nome de Unidade Galega en 1995. Ademais foi deputado no Parlamento galego nas lexislaturas 1981-85, 1985-89, 1989-93 e no período 1997-99 da lexislatura 1997-2001, ata que foi elixido deputado no Parlamento Europeo (1999-2004).

Os organizadores do acto suliñan que para colaborar e recibir un libro de homenaxe é preciso aboar 20 euros na conta: Ingreso de 20 euros na conta: ES34 2100 2186 9102 0038 7825 (CaixaBank) Indicando o seguinte: Concepto: Homenaxe a Camilo Nogueira Persoa que se inscribe: Nome, Apelidos, Localidade e Correo persoal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

4 nostrus

Pois na miña opinion non merece ningun homenaxe unha persona que renega de parte da sua nacion e as suas ideas non contribuen nada o progreso da sociedade. Para min ser nacionalista é tan despreciable como ser machista. Ao mellor eu penso asi porque porque pretendo que haxa solidariedade entre todas as personas de España e non se desprecie a ninguen, cousa totalmente oposta ao ideario nacionalista galego que se enrosca no ombligo sin importarlle o resto e importalle mais a identidade, a apariencia e a estetica que o benestar da xente

1 Sisista alienada

Ola Nostrus. Botábate de menos. Vexo que segues na túa liña con argumentos de peso. Supoño que ti serás anarquista non? Ou es dos que critican un nacionalismo dende outro nacionalismo? Veras ho, moitos nacionalistas galegos que non queren só a solidaridade entre os cidadáns de España quérena con todos os do mundo? Hai que ler máis. Recoméndoche un libro do Mia Couto: E se Obama fosse africano? Por certo, volvendo ao importante: o teu argumento. O que acabas de dicir é coma afirmar que non se pode homenaxear a un político defensor do nacionalismo centralista porque defendes a solidaridade entre todos as persoas de Europa. Eu prefiro falar de cidadáns, por certo. Hai que mellorar o argumentario.

2 nostrus

Pois que dsaibas que a min tampouco me gusta o nacionalismo español porque comparte exclusions co nacionalismo galego, nacionalismos NON. Claro que defendo a solidariedade das personas de Europa, pero ata agora Europa esta confirmada por nacions soberanas diferentes e unha unidade europea pode estar en construccion, pero inda no é unha realidade. Dime ti si defendes a un vigues que exclue ao resto dos galegos ou a un galego que exclue aos de Vigo. O nacionalismo é unha variante da intolerancia como pode ser o machismo ou o racismo. Non creo que un racista deba ser homenxeado por moito que faga polos paios nin un machista por moito que faga polos homes.

3 Antinostrus

Este ma ma ra cho mononeuronal, mamporreiro e la va ko nas da Cristinita Losada Poetierramaryaire leva dous meses sen cobrar a cipallaxe do Ministerio do Interior e ten Rebelión Ladillar na contorna da súa ínfima colloeira.......Miserabel Malandro!!.

4 To-lo-meo

Graciñas por poñer o teu grano de area para que saibamos todos quén son os que critican ó BNG e por qué, Nostrus.

3 mmmh... si pero no

soberbia brava do que pudemos ou aparentabamos ser, o que finalmente fomos..

2 Balbino Fernández

Dous apuntes. Primeiro, Camilo Nogueira foi a persoa que máis dano lle fixo ao nacionalismo galego nos oitenta e noventa (hemeroteca ou memoria). Segundo, que paguen homenaxes os das navalladas, ou que quite os cartos da SICAV de cando foi parlamentário europeo polo BNG (algo quedaría). O día que se conte a historia sen censura hai santos que perderán o seu posto no céu. Mentras, siga a farsa...

1 LKI

De novo a vella (e falsa) identificación BeNeGá=Nacionalismo. En tal caso, Camilo Nogueira tería sido a persoa que máis dano lle fixo ao BeNeGá, e non ao "nacionalismo". De feito, a persoa que máis dano lle fixo ao nacionalismo galego nos setenta, oitenta, noventa... converténdoo (falando de santos) nunha relixión dogmática, foi un tal Rodríguez Sánchez, de nome Francisco. El Coronelísimo.

2 Failde

Concordo, no BNG non está todo o nacionalismo galego. Tamén aceito que Paco, con Pilar, Bautista e Lois son nomes propios se falamos de daninos. Mais esqueces que o Camilo daqueles anos coqueteou con PcE e con o PsoE, ambos nacionalistas españois. E por riba, de converso manso, de novo baixo a protección do BNG, foi premiado cunha noxenta pensión nun paraíso fiscal no sen cargo de eurodeputado. Hai que ser bloqueiros masoquistas!

3 Melloraotercio

Iso, iso, que se conte a historia completiña de Camilo e a dos trolls que veñen a enmerdar ó BNG tamén. Para escomezar: Feitos, datos e o que propoñedes que sexa millor que o BNG visto o visto neste país. Porque cando vexo a vosa argumentación, toda contra o BNG e calquera que estivera nel, penso iso de: e tí de quén ves sendo?

4 O Freire

Se queres saber quen foi Camilo Nogueira non tes mais que procurar nunha hemeroteca o xornal A Nosa Terra daqueles anos. Logo hai algo que non casa: mentiu o voceiro da UPG ou era tan trepa Camilo Nogueira. Saca por ti mesmo as conclusions. Evidentemente nos se pode servir a dous amos, e Camilo fixoo e foi ben recompensado, e por riba homenaxeado.

1 M. Meixide

E con Camilo estarán os seus colegas na Sicav de Luxemburgo? Supoño que compañeiros tan decentes non poderán faltar! Miguel Arias Cañete, Elena Valenciano, Rosa Miguelez, Francisco Millán Mon, Antolín Sánchez Presedo, José Manuel García-Margallo, Carmen Fraga, Josep Borrell, Vidal-Quadras, Mayor Oreja, Rosa Díez e Cristobal Montoro. Tamén Willy Meyer, o arrepentido, que non esquecemos! Todos os beneficiados da gran trincada legal ! E Pontón e Villares aplaudindo as Sicavs de Luxemburgo! Sen decencia non hai futuro!

1 Tolo_meu

Con Camilo estou eu... por iso de que nin sabes o que é unha Sicav. Se non tes mais crítica que esa debe ser un santo.

2 M. Meixide

As SICAVS son defendibles? Logo como é que o BNG pide “acabar coa fraude legal das SICAVS” Exemplos a moreas: http://www.economiadigital.es/gles/... Queres máis: http://www.lavanguardia.com/vida/20... Seguimos: http://www.ehu.eus/ituna/bloga/?p=1... Insistimos: http://www.20minutos.es/noticia/276... Mesmo Ana Miranda rexeita as SICAVS dos parlamentarios: http://www.lainformacion.com/mano-d...

3 M. Meixide

A participación de Camilo Nogueira na SICAV de Luxemburgo son feitos, polos que ninguén pediu disculpas. Por certo, dos paraísos das SICAVS podes informarte: http://www.infolibre.es/noticias/po... ou podes seguir exercendo de taparrabos.

4 Tolo_meu

Agarda, rabachol. En serio sabes o que é unha sicav?. Porque semella que crés que é unha vantaxe, cando o que se está a facer é diferir o pago de impostos, tal e como fan todolos días os que invisten en fondos de pensións con beneficios fiscais no IRPF e pode ser unha ruina se as cousas van mal (como foi o caso ao ter perdas). Se quere que deixen de esistir polo SITIO onde se inviste non polo feito de ser ou non ilegais. Eso é todo o que tés?...Nin lés ben as vinculacións que amosas.

5 M. Meixide

Estupendo taparrabos, non é so o “sitio” a cuestión. O teu argumento é vello, por gastado, o dos economistas liberais: permitir tributar ao 1%, en lugar do 35%, e cando un participe saca o diñeiro da SICAV paga impostos pola plusvalía. O argumento da dobre imposición tén un problema, é cando un inversor particular emprega a figura de unha persoa xurídica para saltalo. Sabes que a SICAV proporciona ao dono posibilidades que, como inversores particulares, non temos os demais. Riste da igualdade? Exemplos: un particular paga cada ano, os teus defendidos pagan polos beneficios das inversións realizadas no momento de sacar o diñeiro da SICAV, cousa que pode non suceder nunca, ou dentro de 30 anos, ou pasar a outro paraíso fiscal a nome dun testaferro… E tamén, se non sacas o diñeiro das SICAV, podes compensar plusvalías e minusvalías por décadas. Os particulares non temos esas ventaxas para o IRPF.

6 M. Meixide

Impresionante: os taparrabos da presunta esquerda usando argumentos dos economistas liberais! Os argumentos da dereita pura e dura! Todo pola pasta! Os taparrabos hai uns meses negando a participación de Camilo Nogueira na SICAV, hoxe facendo pasar por boa unha fórmula de "fraude legal" (BNG), mañá o que vos manden...

7 Tolo_meu

Tí es un pouco fanático, non si? Dende cándo tributan os fondos de inversión cada ano? Tés probas de que Camilo Nogueira cometeu algunha irregularidade ou simplemente e isto o que tés e te das autobombo? Puxo Camilo a familiares ou falas dos demáis?. TODO plan de pensións é pagadeiro ao final, compensando perdas e ganancias, ou non? Se eu argumento co capital, con qué argumentas tí? A min non me veñas, purista PPSOEIRO, con ese conto vello de que todos son iguais e por iso non hai que votar BNG. Tés probas de algo ilegal e denunciable sobre Camilo ou non? Era unha cuestión que lles ofrecían a todos ou non? Era promovido pola CE ou non? Tés gañas de falar? Veña ho!

8 M. Meixide

Sabemos que as Sicav son entidades que pretenden burlar as obrigacións fiscais, que os eurodeputados coñecen que este produto financieiro, do que se benefician, se formalizara a través de unha Sicav, e da escandalosa rendabilidade, tanta que reportaba ao beneficiario o 50% do capital investido, é dicir, si se investían 10.000 euros, o eurodeputado ingresaba no seu fondo de pensións 5.000 (datos de EFE). E a túa resposta é preguntar se era legal!!! Iso é un argumento dos liberáis, non de quen presume de comunista (léase Camilo Nogueira ou do mandado taparrabos). Sabes que algún eurodiputado pediu disculpas e dimitiu? E Camilo tan pancho, asubiando, e ti tapándolle o rabo ao señorito! Non serán os do PPsoE os teus colegas, ademáis de selo nos negocios de Camilo Nogueira? Non serás ti un dos que negabas que Camilo estivese na SICAV? Ti es un defensor da casta, dos abusos e da dobre ética liberal? Era legal, si! Pero a decencia era outra cousa! Cheiras a raposo!

9 O Freire

Pemitan que tercie neste dialogo pesado e inutil (pois hai un que non escoita, logo parece absurdo argumentar). O asunto da legalidade da Sicav dos parlamentarios semella unha soberana estupidez. A legalidade da monarquia non a fai mais democratica, tampouco a legalidade existente no franquismo impide que sexa considerado unha dictadura, nin que as legais touradas sexan barbarie, nin a legal excravitude no seu dia deixou de ser cruel e inhumana. Igualmente pasa coa Sicav na que participou Camilo Nogueira: non hai defensa posible desde a esquerda. Claro que sempre o pode defender Amancio Ortega, a quen abraza no seu momento (hai fotos na rede), se cadra xa o esta defendendo un que foi servo do explotador... Para que non piquen os inocentes, mentres os profetas defensores da legalidade amasan fortunas.

10 Tolos_meus

"Un particular paga cada ano"->Mentira. "Se non sacas o diñeiro das SICAV, podes compensar plusvalías e minusvalías por décadas "->Como todo fondo de pensións. "A legalidade da monarquia non a fai mais democratica "->Quen se suxeta á legalidade da monarquía non é antidemócrata, se así fose, vos seriades antidemócratas por suxeitarvos á monarquía española. "... as legais touradas sexan barbarie, nin a legal excravitude no seu dia deixou de ser cruel e inhumana". Nin impide que os que vides de falanxe teñades por qué ser temidos e non respostados agora...e dise "escravitude", par-vo . En resumo: Fixo Camilo a SICAV, buscouna, promoveuna, tivo a intención de creala, tivo a intención de dolo? ou simplesmente puxo os cartos donde millor rendesen por consello doutros?A min non me veñades con contos porque o simple feito de que esteades dia sí e día tamén despotricando contra o BNG e calquera dos seus fala de quen sodes. Veña...falade!

11 Amigos para siempre

Non hai como tapalo: de 54 eurodeputados do Estado Español houbo 39 famentos que chuparon da Sicav. Agárrate: entre eles Camilo Nogueira Román!!! Doe, proe, pois coloquen azucre e traguen! Non son todos, só os eurodeputados que voluntariamente quixeron, os máis golosos e faltos de escrúpulos!!! Podes botar fume, repasa os teus erros en galego, pero non tapes o lixo, cheira igual: imposible participar minha Sicav para quen se proclama de esquerdas!!! Noxo do BNG que calou ante tal despropósito. Non hai como lavar o pasado de Camilo Nogueira, xa podes espernexar e acusar do que queiras a quen non traga: o do Camilo xa foi, non hai desculpa!!!