As claves da oferta do PSOE para un bipartito na Coruña

A Marea Atlántica e o PSOE da Coruña levan varias semanas negociando para reformular a súa relación. A marea goberna en minoría pero sustentada no intermitente apoio socialista. Analizamos porque os socialistas desvelaron hoxe o seu plan para entrar no goberno local.

Por Manuel Vilas | A Coruña | 15/10/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

O grupo municipal do PSdeG oficializou este sábado o que era un secreto a voces: queren entrar no Goberno Local. O seu voceiro José Manuel Dapena admitiuno este sábado en declaracións a La Voz, diario que está a manter unha liña editorial extremadamente crítica coa Marea Atlántica.

José Manuel Dapena, actual voceiro do PSdeG na Coruña, e Mar Barcón, a súa predecesora no cargo
José Manuel Dapena, actual voceiro do PSdeG na Coruña, e Mar Barcón, a súa predecesora no cargo

Até hoxe ninguén falara abertamente das negociacións. Con todo, é público e notorio que a marea prefire seguir gobernando soa. Así o defendeu o alcalde, por exemplo, nunha entrevista con GC este verán. Xulio Ferreiro cre que o seu equipo de concelleiros está rodado e quere unha relación máis estábel cos socialistas, pero sen compartir concellerías. 

Na coalición de esquerdas tamén se cuestionan como funcionaria un goberno bipartito, dado que nestes anos xa houbo moitas tensións, especialmente na aprobación dos orzamentos de 2016. Tras unha longuísima negociación, nesta primavera o PSOE sacou adiante importantes modificacións das contas apoiándose no PP. 

Por iso, nas actuais negociacións, o primeiro que quere atar a marea é o apoio socialista ás contas de 2017 e a modificación dos tributos. Lóxicamente, o PSdeG xoga con isto e considera que a prioridade é outra: definir como sería un goberno bipartito. Na súa opinión, a cidade está paralizada por falta de rumbo no goberno e moitos dos acordos asinados para garantir a investidura non se estána  cumplir.  Tras darlle un tempo á Marea para gobernar soa, agora cren que cómpre un cambio para poder facer realidade as políticas socialistas.

Trátase dunha situación complexa políticamente. Se as negociacións rachan, case seguro que Ferreiro tería que abordar o resto da lexislatura sen poder aprobar novos orzamentos. A consecuente imposibilidade de aplicar moitas das súas políticas limitaría  a capacidade da marea de presentar ante o seu electorado un balance de lexislatura con cambios profundos respecto ao pasado.

Xulio Ferreiro, da Marea Atlántica, alcalde da Coruña
Xulio Ferreiro, da Marea Atlántica, alcalde da Coruña

Se, polo contrario, a marea cede abre a porta do goberno ao PSOE, ademais de implicar unha profunda remodelación nas concellerías, nada lle asegura que os socialistas cambien de criterio escenifiquen unha crise de goberno en calquera momento. Mesmo que o PSOE se aliñe totalmente co PP, unha gran coalición ansiada pola prensa conservadora local e que pode gañar forza se socialistas e conservadores chegan -como parece- a algún acordo estable a nivel estatal. Neste sentido, o futuro congreso do PSdeG -nos que os partidarios de rachar coas mareas volverán a tentar controlar o partido- é outro factor a ter en conta na complexa partida de xadrez que se xoga estes días na Coruña. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

2 Curuñés

E unha vergoña que Mar Barcón siga en politica

1 Ciudadania SA

Que biennnnn Veñen os socialistas ao rescate de Iúlius!!!! Agora a xestión vai pasar a ser magnífica e asi cando cheguen as eleccions a xente non vai castigar a Marea!!! Mais externalizacions de contratos Iúliussss

1 Antón de Guizán

E que tal a liberada da UPG no Concello da Coruña?

2 Cidadanía Liberada SL

Mal supoño porque presenta iniciativas, fai traballo social e todo iso. Os 26 liberados da Marea si que saben cobran o mesmo e non teñen que facer nada diso