A deputación está cos autónomos de Lugo

Os autónomos, que representan o 62 por cento do tecido empresarial de Lugo, son unha peza clave na xestión da Deputación. Consciente da magnitude desde sector, e tendo en conta o momento de crise que estamos a vivir, dende a organismo provincial renovamos as axudas que xa demos no 2008, e que foron todo un éxito, e incluso imos máis alá con novas subvencións...

Por Lara Méndez | Galicia | 22/10/2009

Comparte esta noticia

 

None

Deste xeito, a diferenza do que acontece con outro tipo de subvencións, non só lles aforramos cartos ós autónomos, senón que lles axudamos a manter o seu negocio e os seus postos de traballo; algo que non é unha cuestión menor en tempo de crise.

O organismo provincial ten que ser útil e estratéxico, e así o estamos a facer axudando aos autónomos co programa de Apoio ao Tecido Empresarial que beneficiará a uns 400 empresarios lucenses, que cumpren a condición de PEME, e que no ano pasado obtiveron unha renda neta inferior ao Indicador Público de Renda de Efectos Públicos anual que se cifra en 7.236.

A magnitude esta iniciativa é tal, que o INLUDES recibiu centos de peticións dos nosos autónomos aos que lles brindamos a man da Deputación provincial con estas axudas que lles permitirán acadar un maior desenvolvemento e unha maior calidade no emprego.

Lara Méndez é vicepresidenta da Deputación de Lugo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lara Méndez Ocupa o cargo de Vicepresidenta Segunda da Deputación provincial luguesa dende o 14 de xullo de 2007. Foi Secretaria das Xuventudes Socialistas de Cervo e concelleira do Partido Socialista no concello mariñano. Secretaria da Organización Comarcal da Mariña e membro da Executiva Nacional Galega do Partido Socialista, forma parte ademais da Directiva da Asociación de Mulleres Rurais. É técnico medioambiental.