O VIII FKM Festival de Cinema Fantástico, na Coruña do 24 ao 31 de outubro, homenaxeará o padriño do cinema gore

Haberá obras galegas como 'Decorado', 'As viaxes de Pichük' e 'Einstein-Rosen', con películas internacionais como 'Green room'

A CORUÑA | 20/10/2016 | Actualizada ás 19:53 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Coruña acollerá do 24 ao 31 de outubro a oitava edición do FKM Festival de Cinema Fantástico da Coruña, nunha edición que homenaxeará a Herschell Gordon Lewis, o coñecido popularmente como o padriño do cinema 'gore'.

Entre as proxeccións que poderán verse nesta edición están traballos como o curto 'Decorado', do galego Alberto Vázquez (A Coruña, 1980), que estivo na última Quincena de Realizadores de Cannes.

A presenza galega contará, entre outros, con 'As viaxes de Pichük', de Manel Cráneo e Paco Costa; así como con 'Einstein-Rosen', de Olga Ossorio. A isto únense propostas como a mesa redonda 'Videoxogos made in Galicia'.

No tocante ao panorama internacional, haberá títulos como 'Green room', de Jeremy Saulnier (2015), e 'Temos a carne', de Emiliano Rocha (2016). Ademais, haberá clásicos de xénero como 'Ikarie XB-1', de Jindrich Polák (1963); 'Bad taste', de Peter Jackson (1987); e 'Things to come', de William Cameron (1936).

CRECEMENTO DO FESTIVAL

Por primeira vez, o encontro especializado en cinema fantástico e de terror ofrecerá unha semana enteira de programación con relatorios, talleres e proxeccións, segundo informaron os seus responsables nun acto que contou coa presenza, entre outros, do concelleiro de Culturas, José Manuel Sande.

Na presentación deste evento Sande destacou "a sa ambición" deste festival coruñés, así como o seu "importante crecemento".

O acto contou tamén coa presenza da directora da Fundación Luis Seoane, Silvia Longueira, xa que esta entidade repetirá como sede nesta edición. Tamén acollerá o festival o centro Ágora, o 29 de outubro.

Xunto a eles, participaron na presentación o vicepresidente da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o responsable do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), Guillermo Escrigas, e os directores do festival, María Núñez e Tonecho Otero.

Na presentación, Núñez destacou que esta edición estará dedicada á ciencia ficción e será tamén "unha homenaxe póstuma" a Herschell Gordon Lewis, falecido recentemente.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta