Temas: PSOE PSDEG

Militantes galegas conseguen concentrar a centos de persoas en Ferraz para pedir o “non” a Rajoy

Os manifestantes solicitan a celebración dun congreso extraordinario e unhas primarias para elixir o próximo líder do PSOE. A iniciativa foi promovida polas galegas Aida Loira e Sonia Pillado.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/10/2016 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

Centos de simpatizantes e votantes do PSOE concentráronse este sábado fronte á sede do partido na rúa Ferraz de Madrid para protestar contra actual xestora do partido e pedir que o Comité Federal, que se celebrará este domingo, non vote a favor dunha abstención que facilite a investidura de Mariano Rajoy. Os manifestantes solicitan a celebración dun Congreso extraordinario e unhas primarias para elixir o seu próximo líder antes de que remate o ano.

Concentración de militantes do PSOE ante Ferraz para protestar polo 'golpe' dado no partido
Concentración de militantes do PSOE ante Ferraz para protestar polo 'golpe' dado no partido | Fonte: @marisaparrilla en Twitter.

Baixo o lema 'A revolución das rosas'', nesta protesta os simpatizantes e votantes do PSOE afirmaron que non queren a Mariano Rajoy no Goberno e explicaron que a concentración ten como obxectivo "facer forza" para que a xestora cambie de actitude, segundo explicou Aida Loira, militante do PSdeG e unha das promotoras da protesta.

Durante a protesta exhibíronse pancartas con lemas como 'PSOE sen caciques', 'Non é No', 'Baróns golpistas' ou 'Democracia no PSOE'.

Algúns dos asistentes depositaron rosas vermellas nas portas da sede da rúa Ferraz, que permaneceu semicortada e baixo a vixilancia de cinco furgóns da Policía Nacional.

PROMOVIDA POR DÚAS MILITANTES DO PSdeG

A orixe desta concentración, promovida polas militantes socialists galegas Aida Loira, de Pontevedra, e Sonia Pillado, de Narón, e está orixinada polos acontecementos que tiveron lugar o pasado día 1 de outubro, cando Pedro Sánchez presentou a súa dimisión como secretario xeral ante o Comité Federal.

A petición do congreso extraordinario fundaméntase no artigo 34,2 dos estatutos do PSOE, que indica que o conclave extraordinario pode ser convocado "cando o pidan a metade máis un dos militantes", e puxo en circulación o domingo día 2. Na actualidade esta petición suma máis de 75.000 sinaturas fronte ás 94.000 necesarias.

Temas: PSOE PSDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 expañois ladrons

parece de patio de escola... os partidos expañois podreiros-pe$oideiros-chupadanos e pepeiros FORA DA GALIZA!!!!