SOS Sanidade Pública di que o Sergas “maltrata as mulleres” tras derivar unha paciente a abortar a Madrid

Un xulgado lucense condenou recentemente o Sergas debido á mala atención a unha muller embarazada que tiña unha alteración cromosómica no feto e a quen non se lle autorizou o aborto ata a semana 32.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2016 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

O voceiro de SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, denunciou este sábado que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) "maltrata as mulleres" varios días despois de que transcendese a condena ao Sergas por parte dun xulgado lucense debido á mala atención a unha muller embarazada que tiña unha alteración cromosómica no feto e a quen non se lle autorizou o aborto ata a semana 32. Non obstante, para realizar esta interrupción voluntaria do embarazo enviouse á paciente a unha clínica privada en Madrid, sen facilitarlle transporte, dende onde tivo que ser trasladada ao hospital La Paz por complicacións na intervención, coa consecuencia final de que a paciente perdeu o útero.

O voceiro de SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, e a eurodeputada de AGE Lidia Senra
O voceiro de SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, e a eurodeputada de AGE Lidia Senra | Fonte: Europa Press.

"Esta condena é a constatación de que o sistema sanitario galego maltrata ás mulleres", defendeu Manuel Martín, quen considera que este feito é "unha especie de violencia de xénero".

Deseguido, o voceiro de SOS Sanidade Pública cargou contra o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, por "comprometerse" o pasado mes de febreiro a crear unha comisión para investigar aqueles abortos que se produciron sen a asistencia sanitaria necesaria no hospital de A Coruña.

Debido a que na actualidade non se sabe nada desa comisión, considera que este anuncio realizado en febreiro deste ano foi "un brinde ao sol para saír do paso".

Así as cousas, apostou por que o Sergas "acabe" co dereito á obxección de conciencia, que "non pode estar por enriba", defendeu, do dereito á interrupción voluntaria do embarazo. Neste sentido, tamén lamentou que "só tres hospitais da rede pública galega" practiquen este último dereito das mulleres.

"Non é aceptable que sexan remitidas a Madrid para facelo en centros privados", subliñou, para logo facer fincapé en que se os profesionais da sanidade pública galega aluden á obxección de conciencia para non realizar unha interrupción voluntaria do embarazo, "o que ten que facer o Sergas é non os contratar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 falabarato orneando

Só vou comentar o primeiro dos orneos. A mala atención lla prestaron os representantes do Opus no hospital de Burela. Non creo que o Sergas lles obligara a chamala tola e a non informala da situación clínica no momento en que se tivo coñecemento da mesma. O Sergas tócalle pagar 270mil euros. Razón máis que de peso en calquera empresa privada para poñelos na rúa. Sen embargo no Sergas aí os manteñen, a ver si poden unir outro útero e outra vida destrozada ó estante de trofeos. E SOS sanidade pública tampouco piden que os boten. Falabaratos serán, pero saben onde está a raia do corporativismo pintada.