Asinantes do Manifesto de Vidán piden tender pontes entre organizacións nacionalistas

Fan un chamamento a "reforzar" o espazo político do nacionalismo en Galicia para que "recupere a expresión electoral que debería ter na sociedade para poder ser alternativa ao Partido Popular".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O nacionalismo galego segue na procura de solucións á súa división, escenificada principalmente polo BNG e as correntes nacionalistas de En Marea. Ante a falla dun gran acordo, pedido por activa e pasiva antes das eleccións, os asinantes do Manifesto de Vidán volven alzar a voz para pedir que se acheguen posturas. Así, nunha nova aparición, consideran necesario "reforzar" o espazo político do nacionalismo en Galicia e "tender pontes" entre as distintas organizacións nacionalistas para que esta ideoloxía "recupere a expresión electoral que debería ter na sociedade para poder ser alternativa ao Partido Popular".

Luis Villares e Ana Pontón.
Luis Villares e Ana Pontón.

Así o manifestaron distintas fontes consultadas, presentes esta fin de semana en Santiago na que foi a primeira reunión que os asinantes de este manifesto celebraron dende as pasadas eleccións autonómicas do 25 de setembro, nas que o BNG mantivo seis dos sete escanos que tiña no Parlamento galego na pasada lexislatura e En Marea se fixo con 14 deputados.

Segundo explicou unha destas fontes, ao encontro acudiron case un cento de persoas de "distintas procedencias e militancias así como xente non aliñada". Así, precisou que, entre outros, estivo presente "xente do BNG, xente de En Marea...".

Todos eles, indicaron as mesmas fontes, analizaron os resultados dos pasados comicios autonómicos e "como estes condicionan o futuro do nacionalismo en Galicia". "A conclusión final que máis ou menos todos compartimos é que é necesario reforzar o espazo político do nacionalismo en Galicia e tender pontes entre as distintas organizacións nacionalistas galegas", sinalaron.

Nesta liña tamén se pronunciaron outras fontes presentes na reunión. "O que se comparte é que a situación actual do nacionalismo non é boa porque non ten a expresión electoral que debería ter na sociedade para ser alternativa", indicaron estes asinantes do manifesto, que tamén sinalaron que "hai unha coincidencia" sobre a necesidade de "ir tendendo pontes entre organizacións, aínda que agora poida parecer complicado, xa que a medio prazo poden ser factibles".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

5 anonimo

Organizacions nacionalistas ?Este xornal e pro.Podemos e quer facer pasar as Mareas polo que non son,,supoñendo que sexan de esquerdas que e moito supoñer,, desde que eles chegaron siguen Feijoo e Rajoy e presumian de romper,, e romperon sí a esquerda e o nacionalismo do demais nada.

1 Ana

Esquerda no PsoEspañol? Non me fagas rir! Esa esquerda coa que pacta o BNG, como Abel Caballero, Orozco, Carmela Silva ou Valentín Formoso? Escacho coa risa! Se cadra Podemos TAMPOUCO é de esquerdas e son moi nacionalistas españois, igual que a ampla maioría das Mareas, pero a estas alturas chamarlle esquerda ao PsoEspañol, xa se nota que andas desorientada ou queres confundir raposa!

2 anonimo

Ana,, referiame a IU , BNg, Anova quedaron todos esfarelados sen nada , que ten a tallada e Podemos ,,non me rederia ao Psoe

4 Androide

Pois, se cadra, teñen razón. Sendo xenerosos no cálculo, hoxe o nacionalismo tem 8 persoas no parlamento: 6 do BNG e 2 de Anova. Villares é un enigma ainda por resolver, o resto, no mellor dos casos é españolista español dialogante, no peor (xa sabedes de quen falo) padecen galegofobia grave.

1 nostrus

A dia de hoxe creo a unica galegofobia que hai é hacia os galegos que nos sentimos españoles, que somos tan galegos como os ultragalegos que se consideran mais galegos que os demais polo feito de que non saiban diferenciar o que son do que sinten, problema deles que teran que solucionar si queren. O nacionalismo ultragalego o único que pode aportar é rencor e odio hacia se mesmos e hacia os demais, que participa na democracia española porque nela cabemos todos, cousa que non pasaria na Galicia que soñan eles. O nacionalismo ultragalego é unha epidemia mental que o seu trastorno fai que se comporten como os anorexicos que se ven gordos inda que estean como fios. As tonto-ideas supragalegas son imposible de aplicar en democracia. Nacionalismos NON, gracias.

3 E veña viño

Billares é nacionalista se di que fóra da Constitución do 78 NADA e fóra do Estatuto NADA e está cos garantes da Unidade de España??? Será nacionalista español en todo caso. Feijóo unha vez negociou unha posible mellora do estatuto así que pola vosa regra de tres filopodemita é independendista esencialista.

1 Comunista

Nacionalistas galegas auténticas son as delatoras e chivatas da policía española http://www.diarioliberdade.org/gali...

2 Devolve a acta

Pontes mal feitas, con cordas rotas e podres, son as únicas que poden tender transfugas e cambiapartidos varios que son incapaces de estar en sitios onde non manden so eles.

1 Ted Flanders

Hai que realzar "nacionalistas" na noticia ,xa que logo confundese "politico gallego de la izquierda,presumiblemente española, barnizado galleguista" con nacionalista....Ë Villares nacionalista? él mesmo responde, é a dirección de Puedemos nacionalista? hemeroteca e punto...é izquierda unida (PCE) nacionalista? Pero si as respostas aos medios na galiza fánnas dende Parla!!!! é Anueva nacionalista? Anueva? hai vida intelixente por aí?.......