Feijóo apela a "pais e familias" para frear as pelexas públicas de menores e que "se vangloríen" diso en internet

O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, fixo este martes "un chamamento" a "pais e familias" para que eviten que os seus fillos participen en esas quedadas de mozos no centro de Lugo para participar en pelexas e que "aínda enriba, vangloríense dese tipo de condutas violentas" a través de internet.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2016 | Actualizada ás 17:36 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, fixo este martes "un chamamento" a "pais e familias" para que eviten que os seus fillos participen en esas quedadas de mozos no centro de Lugo para participar en pelexas e que "aínda enriba, vangloríense dese tipo de condutas violentas" a través de internet.

Preguntado durante unha visita a Marín sobre esas pelexas, incidiu en que se trata "dun espectáculo lamentable" tras poñer por diante que non acontece dentro dos centros educativos. Polo tanto, apuntou, "as familias son clave para salvagardar o comportamento e a conduta dos seus fillos" fóra da xornada escolar.

Se ben para o mandatario "os pais teñen que ser contundentes" con este tipo de actuacións dos seus fillos, tamén sinalou que, ao acontecer en lugares públicos, os corpos e forzas de seguridade deben "activar todos os mecanismos de denuncia".

Dito isto, sen deixar de indicar que é un asunto que excede a responsabilidade da administración educativa, o xefe do Executivo galego en funcións si admitiu que neses mozos se aprecia "un problema educativo evidente". As súas condutas, reprobou, "non teñen nada que ver cuns principios mínimos".

Tras deixar claro que tampouco se trata de casos "generalizables" no conxunto dos estudantes galegos, Feijóo fixo fincapé en que Galicia conta cunha lei de convivencia escolar "das máis actuais" de España e en que, en todo caso, a atención a este tipo de situacións fóra dos centros ten mecanismos diferentes aos escolares.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta