Feijóo reafirma a súa meta de que en 2020 todos os galegos vivan preto dun hospital ou centro de saúde novo ou renovado

O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, afirmou este luns que a sanidade seguirá sendo "unha das prioridades do novo Gobierno, co obxectivo de que ao final da lexislatura "o cen por cento dos galegos vivan no ámbito dun hospital ou centro de saúde novo ou renovado".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2016 | Actualizada ás 19:50 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, afirmou este luns que a sanidade seguirá sendo "unha das prioridades do novo Gobierno, co obxectivo de que ao final da lexislatura "o cen por cento dos galegos vivan no ámbito dun hospital ou centro de saúde novo ou renovado".

Durante unha visita ás instalacións do novo centro de saúde de Marín, recordou que durante a recesión económica, lonxe de conformarse con "blindar e manter a subsistencia" dos servizos públicos, o Goberno galego asumiu o reto de "renovalos e melloralos".

Sobre este punto, destacou que, a día de hoxe, sete de cada dez galegos teñen no seu ámbito un centro de saúde "novo ou renovado" e exemplificou con varias infraestruturas da comunidade.

Ao tempo, referiuse ao inicio e execución da obra do Hospital 'Gran Montecelo', á execución do plan director completo do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol e á ampliación do Hospital Clínico de Santiago como "as tres principais materias para esta lexislatura".

Recordou que, durante a recesión económica, lonxe de conformarse con "blindar e manter a subsistencia de servizos públicos", o Goberno galego "asumiu o reto de renovalos e melloralos".

TRABALLO DOS PROFESIONAIS

A xeito de exemplo, destacou que nestes últimos sete anos se renovaron 36 centros de saúde, xunto con outros dez que están en fase de licitación, e remarcou que o novo centro de saúde de Marín é "un dos máis completos de Galicia".

Por último, subliñou que grazas ao traballo e á entrega dos profesionais, os datos de listas de espera do primeiro semestre de 2016 son "os mellores dende que hai rexistros".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta