Ciudadanos renovan as súas directivas na Coruña, Vigo e Ourense tras as disolucións e dimisións neses órganos

Ciudadanos renovou as súas directivas nas cidades da Coruña, Vigo e Ourense, tras as dimisións de varios dos seus integrantes en pasados meses e que supuxeron a disolución deses órganos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2016 | Actualizada ás 18:59 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Ciudadanos renovou as súas directivas nas cidades da Coruña, Vigo e Ourense, tras as dimisións de varios dos seus integrantes en pasados meses e que supuxeron a disolución deses órganos.

Dos novos nomeamentos informou o partido laranxa a través dun comunicado, no que detallou que Gonzalo Julio Santiago Iglesias será o coordinador na cidade herculina, Marcos Chao asumirá o mesmo cargo na capital de Ás Burgas e Gregorio García fará o propio na urbe olívica.

O primeiro deles estará acompañado por persoas que ocuparon postos de recheo na lista coruñesa ao Parlamento de Galicia o pasado 25 de setembro, como Anxo Javier Escuredo Macías (secretario-tesoureiro), María Rabadan Climent (responsable de Política Municipal), José Manuel Vázquez Forno (vocal) e Miguel Ángel Rosende (voceiro).

No seu equipo tamén estarán Agustín Lesta Conchado, como encargado de Comunicación, e María Victoria Csaky, á fronte de Cidadanía.

A anterior dirección de C's en A Coruña dimitira tras o relevo de Antonio Rodríguez como cabeza de lista pola provincia para as eleccións xerais do pasado 26 de xuño, a xeito de protesta contra unha decisión tomada pola executiva nacional do partido.

NOVOS EQUIPOS EN VIGO E OURENSE

No caso de Vigo, a dirección local de Cidadáns atopábase disolta tras perder máis da metade dos seus cargos. Agora será Gregorio García quen deba poñerse á fronte dunha agrupación na que se produciron varias decenas de expulsións de afiliados.

No seu equipo contará con Manuel Morgade para levar a Política Municipal, con Ramón Abal para encargarse da área de Cidadanía, con Paco Abalde como secretario-tesoureiro, con Lucía Vaqueiro como responsable de Comunicación e con Natalia Valado e Gloria Prieto como vogais.

Máis pequena será a directiva de C 's en Ourense, onde o fillo do exsenador do PP Luis Chao afronta o reto de revitalizar a agrupación tras as dimisións da maioría dos seus anteriores cargos á vista do rumbo que estaba a coller o partido.

Jorge José Romero será o secretario-tesoureiro, Carlos Ferreiro asumirá Acción Política, Valentín Rodríguez liderará a área de Cidadanía e Ignacio Martín Amaro -quen xa militou en Alianza Popular e no PP- será o responsable de Comunicación.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta