A TVG emite un programa especial na tarde do sábado con motivo da segunda votación de investidura de Rajoy

A TVG emitirá na tarde deste sábado un especial informativo con motivo da segunda votación de investidura do candidato popular, Mariano Rajoy, da que está previsto que saia elixido por segunda vez presidente do Goberno.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2016 | Actualizada ás 06:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A TVG emitirá na tarde deste sábado un especial informativo con motivo da segunda votación de investidura do candidato popular, Mariano Rajoy, da que está previsto que saia elixido por segunda vez presidente do Goberno.

Os espectadores poderán ver o programa especial a partir das 19,30 horas con ao redor de dúas horas de información sobre todo o que aconteza na sesión na sesión do Congreso dos Deputados. A información estenderase ata máis alá das 21,00 horas e a emisión enlazarase coa edición correspondente do Telexornal Serán.

O especial informativo ofrecerá en directo a votación e a TVG contará con xornalistas desprazados a Madrid. Luís Ramos informará dende o Congreso e Xosé Manuel Ares estará pendente da manifestación ''Rodea o Congreso'', convocada pola coordinadora 25S coincidindo coa votación de investidura.

O programa analizará o sucedido no hemiciclo coa axuda de xornalistas e analistas políticos, mostrará as reaccións ás votacións nos corredores do Congreso e solicitará tamén a opinión ao respecto dos deputados.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta